O Servizo de Desratización actuará na zona de Fingoi

Lunes, 12 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 16 de marzo, o Servizo de Desratización actuará nas avenidas Alfonso X e República Arxentina e nas rondas de Fingoi e do Carme.

Trátase dunha nova actuación deste servizo, que actúa todas as semanas en Lugo e que realiza o tratamento de todos os barrios unha media de tres veces ao ano.