Acordo entre o Concello e a COTOP sobre os axustes a introducir no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal

Lunes, 12 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo a e COTOP chegaron a un acordo sobre o informe autonómico que apuntaba varias modificacións necesarias para tramitar o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. O Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, e o Director Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Manuel Morato, mantiveron esta mañá en Santiago de Compostela “unha reunión moi positiva na que sentamos as bases dos acordos para salvagardar fundamentalmente o máis lle preocupaba ó Concello: as propiedades municipais que están próximas ó novo hospital”, afirmou Besteiro.

Na reunión tamén estiveron presentes o Xefe de Servizo de Planificación da Consellería, outros técnicos da mesma, así como o Delegado da COTOP en Lugo e o Enxeñeiro Municipal do Concello. Durante unha hora os dous equipos pecharon varios acordos que se verán reflectidos no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O asunto máis importante para o Concello era que se lle recoñecese seus aproveitamentos urbanísticos nas beiras da Ronda Leste: “Creo que imos conseguir esa fórmula que nos vai permitir considerar esas beiras da cirvunvalación da Ronda Leste para que o Concello non perda aproveitamentos e, ó mesmo tempo, nos permita retroceder as edificacións a unha zona razonable. Ninguén ten interese en construír a menos de 30 metros da Ronda Leste pero temos que velar polas propiedades municipais e iso significa facelas rendibles”, explicou Besteiro.

Con respecto ós aproveitamentos urbanísticos da Ronda Leste, as administracións barallan dúas opcións, ás dúas viabless:
a) Considerando a Ronda Leste como variante de poboación, é dicir, non unha vía convencional, as dúas administracións ven posible que non se constrúa a 30 metros da circunvalación. Sen embargo, se esa franxa fose declarada rústica de protección de infraestruturas, estaría adscrita a un sistema xeral viario, polo que baixaría o aproveitamento urbanístico de todo o sector pero todas as parcelas terían aproveitamento –incluídas as municipais-. Concello e COTOP cren posible manter esta distancia, que ademais preservaría as edificacións do ruído dos automóviles.

b) No caso de considerar a Ronda Leste rede primaria básica, é dicir, de carácter urbano, manteríanse 12 metros de distancia nesta franxa e tamén sería rústica de protección de infraestruturas, polo que as parcelas municipais seguirían a ter aproveitamentos.

O Concello realizará co equipo redactor do PXOM os reaxustes para decantarse por unha ou outra opción.

Titularidade de vías

Outro dos asuntos importantes foi o cambio de titularidade de determinadas vías no municipio. A COTOP e o Concello aceptan o cambio de titularidade de Monte Faro e tamén da Ronda da Muralla, que será recibida polo Concello cando rematen as obras que se están a ultimar. Con respecto a San Eufrasio, acordaron estudar cómo facer este traspaso tendo en conta que a situación é máis complicada ó ter unha parte urbana e outra que non o é.

No tocante a outras vías, pecharon pequenos flecos e reaxustes.

Pendentes da Consellería de Cultura

Despois da entrevista coa Consellería de Política Territorial, o Concelleiro de Urbanismo confía en que pronto se produza “esa entrevista coa Consellería de Cultura para trasladarlle tamén a opinión unánime de todos os grupos municipais en torno ó seu informe do PXOM, que pivotará sobre a autonomía municipal, o Camiño Primitivo e os bens catalogados”.

Para o José Ramón Gómez Besteiro sería bo “que nos próximos días nos reunamos para solucionar os problemas de interese xeral do Concello de Lugo que é o que nos preocupa hoxe”, afirmou.