A música de Gustavo Freire puxo en marcha a fonte Cibernética dos Ranchos

Sábado, 10 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo puxo en marcha esta tarde, ás oito e media, a fonte cibernética, situada nos xardíns de Ibáñez Méndez, na praza de Fonte dos Ranchos. No acto estivo presente o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, entre outros membros da Corporación Municipal.

Un espectáculo de luz e son, que foi presenciado por centos de lucenses, deu o pistoletazo de saída a esta orixinal fonte na que, por primeira vez, sonou a peza “Festa na Tolda”, de Gustavo Freire.

A fonte cibernética funcionará a partir de agora cun espectáculo de luz e música dúas veces durante as fins de semana, segundo anunciaron hoxe as autoridades. O horario tentarase que cubra tanto a noite como a mañá.

Esta fonte conta cun espectáculo no que se apercibirán 60 tonalidades de cor cun géiser de 10 metros de altura e un sistema de pulverización de 4 metros de diámetros. Un total de 77 tubos de propulsión, oito surtidores laminares e outros oito verticales expulsarán a auga durante o espectáculo até seis metros de altura.

A fonte, que contou cun orzamento de 460.000 euros, está dotada dun anemómetro que regula o funcionamento da fonte de acordo á velocidade do vento para evitar salpicóns excesivos. Ademais, o equipo musical é de última xeración e conta cun analizador musical que combina todo tipo de música.