O Secretario de Estado de Infraestruturas supervisa co Alcalde as obras de Fomento na cidade

Sábado, 10 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, e o Secretario de Estado de Infraestruturas e Planificación, Víctor Morlán Gracia visitarán este martes as principais obras que está a executar o Ministerio de Fomento na cidade. Está visita servirá para supervisar o avance destes numerosos traballos que o Ministerio está a desenvolver nos principais accesos á cidade.

Estas obras están modificando notablemente as comunicacións do municipio que facilitarán o acceso ao mesmo, co conseguinte progreso económico que tradicionalmente atrae a modernización das vías de comunicación dun territorio. Outro dos temas que tratarán o mandatario municipal e o representante do Ministerio será a construción da nova ponte, que xa está en trámite.

Nota para os medios de comunicación:
O Concello poñera un bus a disposición de todos os medios de comunicación para realizar o percorrido oficial. A saída terá lugar ás 17:00 horas na Praza Maior diante do Concello.
A chegada será as 18:00 momento no que se celebrará unha rolda de prensa conxunta no Salón de Plenos do Concello.
É necesario confirmar esta mañá ao Gabinete de Comunicación do Concello o número de profesionais que asistirán á visita.