Xunta de Goberno local

A Xunta de Goberno Local é o órgano municipal que colabora na función de dirección política que lle corresponde ao Alcalde, que é o seu presidente e o encargado de nomear aos seus membros que poden ser ou non concelleiros. Entre os membros da Xunta de Goberno con cargo de concelleiros, o presidente nomea ao secretario.

A Xunta de Goberno encárgase da aprobación dos proxectos relativos a ordenanzas, orzamentos, regulamentos ou relación de postos de traballo. Ademais, a Xunta de Goberno ten competencias na concesión e contratación de licenzas así como no nomeamento e cese dos titulares dos órganos directivos do Concello. Nalgúns casos, este órgano municipal pode levar a cabo accións xudiciais e administrativas.

A Xunta de Goberno Local debe respostar ante o Pleno das súas actividades, aínda cando a responsabilidade directa dalgunha delas corresponda a un dos membros da Xunta.

Todos os membros da Xunta de Goberno Local teñen dereito a participar nos debates das sesións plenarias, sexan ou non concelleiros.

Composición

  • Presidenta Excma. Sra. D.ª 

    D.ª Mercedes Paula Alvarellos Fondo

  • 1º Tenente de Alcaldesa Ilmo. Sr. D. Rubén Arroxo Fernández
  • 2º Tenente de Alcaldesa Ilmo. Sr. D. Álvaro Santos Ramos
  • 3ª Tenenta de Alcaldesa Ilma. Sr. D. 

    Mauricio Vitorio Repetto Morbán

  • 4ª Tenenta de Alcaldesa Ilma. Sra. D.ª Tareixa Antía Ferreiro Tallón
  • 5º Tenente de Alcaldesa Ilma. Sra. D.ª Ana María González Abelleira
  • 6ª Tenenta de Alcaldesa Ilmo. Sr. 

    D. Angel Pablo Permuy Villanueva

  • 7ª Tenente de Alcaldesa Ilma. Sra. D.ª María Cristina López Fernández
  • Secretario  Ilmo. Sr. D. Miguel Fernández Méndez
  • Suplentes Ilmo. Sr. D. Rubén Arroxo Fernández e  Ilmo. Sr. D  Mauricio Vitorio Repetto Morbán