O pleno ordianrio deste mes aprobará a adhesión do Concello á Asociación Española de Destinos para a Promoción do Turismo Gastronómico, unha decisión estratéxica que reforza a aposta municipal por posicionar a cidade como un destino de referencia.
“Este paso encaixa a perfección na coa estratexia de poñer en valor a identidade culinaria da cidade, baseada na calidade do produto local, na tradición gastronómica e na capacidade de innovación do sector hostaleiro”, sinalou Repetto.
“A Muralla, o Camiño de Santiago, o patrimonio histórico e natural xuntom a enogastronomía configuran unha proposta integral que permite ofrecer experiencias auténticas durante todo o ano, contribuíndo a reducir a estacionalidade e a incrementar a estancia media e o gasto no destino”, dixo o concelleiro.

O Goberno local, a través da concellería de Desenvolvemento local, levará ao pleno ordianrio deste mes a aprobación a adhesión do Concello de Lugo á Asociación Española de Destinos para a Promoción do Turismo Gastronómico, unha decisión estratéxica que reforza a aposta municipal por posicionar a cidade como un destino de referencia vencellado á gastronomía, ao produto local e a un modelo turístico sostible e de calidade. Esta incorporación supón un novo paso dentro da folla de ruta marcada polo Goberno local para diversificar a oferta turística, atraer novos perfís de visitantes e fortalecer un sector clave da economía lucense, estreitamente ligado á hostalería, ao comercio e ao territorio.
Esta adhesión constitue un paso decisivo para consolidar a Lugo como destino gastronómico de referenciae permitirá ao municipio integrarse nunha rede estatal que traballa de maneira coordinada na promoción do turismo gastronómico, facilitando o intercambio de coñecemento, boas prácticas e experiencias entre destinos que comparten unha mesma visión estratéxica. “A través desta plataforma, o Concello poderá participar en accións conxuntas de promoción, campañas de comunicación, proxectos innovadores e iniciativas orientadas a mellorar a competitividade turística, reforzando a visibilidade de Lugo tanto a nivel nacional como internacional”, sinalou o edil da área Mauricio Repetto.
“Este paso encaixa a perfección na coa estratexia de poñer en valor a identidade culinaria da cidade, baseada na calidade do produto local, na tradición gastronómica e na capacidade de innovación do sector hostaleiro. A Muralla, o Camiño de Santiago, o patrimonio histórico, a contorna natural e a enogastronomía configuran unha proposta integral que permite ofrecer experiencias auténticas durante todo o ano, contribuíndo a reducir a estacionalidade e a incrementar a estancia media e o gasto no destino”, proseguiu o concelleiro, quen destacou o traballo que se está a levar a cabo co sector hostaleiro lucense.
Ademais, a participación nesta asociación reforza o traballo que o Concello vén desenvolvendo nos últimos anos a través de iniciativas propias orientadas á promoción da gastronomía como elemento tractor do turismo e da economía local. A integración nesta rede estatal permitirá sumar sinerxías, acceder a novas ferramentas de promoción e avanzar nun modelo turístico máis sostible, equilibrado e respectuoso coa identidade de Lugo, no que a gastronomía actúa como un dos principais sinais de identidade e como motor de desenvolvemento económico e social.
Audio
- Mauricio Repetto, sobre o destino gastronómico de referencia | Descargar mp3

