O Concello de Lugo colabora coa IV Feira do Outono de Coeses

Luns, 19 de outubro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Sevizos Xerais, Luisa Zarzuela, participou esta mañá na presentación da IV Feira do Outono de Coeses que se celebra o vindeiro domingo 25 de outubro no Campo da Festa desta parroquia. Neste acto tamén participou a presidenta da asociación O Castro de Coeses, María Paz Castro Romai, e a pedánea da parroquia, Hortensia López García.

A Concelleira explicou que “no Concello estamos orgullosos de que os veciños da zona rural teñan a preocupación pola difusión dos produtos típicos da época”. “Agardamos que como outros anos esta cuarta edición sexa todo un éxito e conte cun bo número de visitantes”, indicou.

As organizadoras do evento explicaron que a feira estará aberta dende primeira hora da mañá e contará coa participación de 30 expositores que ofertarán unha ampla gama de produtos alimenticios e artesáns de alta calidade: mobles, cerámica, decoración, repostería, alimentos, maquinaria agrícola, cabalos…

Ás 11.30 horas terá lugar a inauguración oficial da feira a cargo do Alcalde de Lugo, José López Orozco.

A feira estará ambientada pola Charanga Madialeva e haberá, ademais, actividades de animación infantil e xogos no centro de dinamización que estará aberto durante todo o día. As organizadoras explicaron que haberá tamén unha carpa e unha pulpería na que poder xantar.

Para rematar a xornada haberá un sorteo de produtos típicos da zona.

Multimedia