O Alcalde de Lugo participa na celebración relixiosa organizada con motivo da restauración do Seminario de Lugo

Xoves, 18 de marzo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participaron este venres na celebración relixiosa que ofreceu o Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, con motivo da restauración do Seminario de Lugo.

O emblemático edificio, con máis dun siglo de antigüidade, leva anos coas portas pechas debido ás obras de reforma que se levaron a cabo. O proxecto executado supuxo a intervención completa sobre esta infraestrutura. Deste xeito, ampliouse o centro docente con oito unidades de ESO e catro de BAC en réxime de internado, construíuse un aulario de estudos eclesiásticos, unha residencia universitaria, así como un aparcadoiro público.

No acto de inauguración participaron autoridades relixiosas como o Arzobispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio Barrio; o Arzobispo de Oviedo, Jesús Sanz Montes; o Bispo electo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza; o Bispo de Mondoñedo-Ferrol, Manuel Sánchez Monge; e o Bispo de Astorga, Camilo Lorenzo Iglesias.

Multimedia