A concellería de Xuventude lanza un curso gratuíto de especialización en community manager

A actividade, terá lugar todos os martes e mércores do 17 de abril ao 28 de xuño, en horario 18:00 a 21:00h.

A inscrición pode realizarse a través da web lugomasxti.org, e será por rigurosa orde ata cubrir as 15 prazas.

Mércores, 15 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Xuventude lanza un curso gratuíto de especialización en community manager

O goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, organiza, un curso gratuíto de community manager, creación de contidos dixitais seguros e marca persoal dentro da programación do Lugo +Xti 2023, subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas dirixido a lucenses de 16 a 35 anos, empadroados en Lugo.

“Con este curso, preténdese dar unha visión práctica e real da utilización das redes sociais, mediante a aprendizaxe de coñecementos que poderán ser aplicados en contornas laborais” sinalaba o edil .

Con 60 horas de duración, este curso será impartido todos os martes e mércores do 17 de abril ao 28 de xuño, en horario 18:00h a 21:00h en Centro Rafer Formación, dirixido á mocidade lucense disposta a coñecer as últimas tendencias en todo o relacionado coa evolución das redes sociais e as súas principais aplicacións, tanto a nivel profesional como a nivel persoal.

Os interesados neste curso poden formalizar as súas inscricións, ata un tope de 15 persoas a través da web  https://www.lugomasxti.org/actividades-xti-2023-2/ . Dende o xoves 30 de marzo ata o 12 de abril. Máis información: 982 297 498 en horario de 09:00 a 14:00.

Noticias relacionadas