Preguntas frecuentes sobre a OIX

Toda a información sobre o servizo de información e asesoramento á xuventude: servizos que presta, compromisos, medios e localizacións principais.

Que servizos presta a OIX?

A Oficina de Información Xuvenil presta os seguintes servizos:

  • Informamos á xuventude en relación cos programas e actividades que levamos a cabo e os servizos que prestamos.
  • Asesoramos e orientamos ás mozas e mozos a través das Asesorías Xuvenís, sobre os seguintes temas:
    • Asesoría Xurídica: presta asistencia en temas xurídicos que afectan á xuventude, tales como dereitos das mozas e mozos, interpretación de textos legais, información en relación coa vivenda (bolsas, hipotecas, subvencións, contratos, dereitos e deberes do inquilino e do propietarios, seguros, etc.).
    • Asesoría Sexual: ofrece información e asesoramento sobre temas relacionados coa sexualidade, orientando tanto ás familias como aos adolescentes.
    • Asesoría Psicolóxica: é un servizo de atención psicolóxica, onde se poden plantexar aspectos persoais, emocións, pensamentos ou condutas que preocupan ás mozas e mozos e que interfiren no seu desenvolvemento.
  • Programamos, organizamos e coordinamos o Arde Lucus, unha festa de carácter histórico na que se celebra o solsticio de verán e conmemórase o pasado romano da cidade.
  • Xestionamos o uso de espazos e locais na Casa da Música para o desenvolvemento de actividades de forma regular e continuada ou ben de maneira puntual. Contamos con dous locais de ensaio para os grupos musicais que figuren inscritos no censo musical do Concello e cunha sala multifuncións onde as mozas e mozos poden reunirse para empregar os xogos que temos á súa disposición e organizar concertos.
  • Organizamos, executamos e coordinamos programas dirixidos á xuventude,como:
  • PreviLugo. Trátase dun programa de intervención socioeducativa nos centros educativos da cidade, públicos e concertados. Realízanse obradoiros para o alumnado e para docentes, abordando as seguintes materias:
    • Educación afectivo-sexual
    • Resolución de conflitos
    • Consumo responsable
    • Prevención da violencia.
    • Promoción da saúde.
    • Habilidades sociais.
    • Técnicas de estudo.
    • Culturas para convivir.
  • Movida Alternativa Xuvenil (MAX): constitúe unha alternativa de ocio nocturno, un espazo para que as mozas e mozos da cidade poidan gozar dun tempo de lecer distinto ó convencional na fin de semana.
  • Actuacións encamiñadas a coñecer as inquedanzas da xuventude do Concello, co obxecto que nos fagan chegar as súas suxestións.
  • Organizamos cursos de formación para facilitar a adaptación dos perfís profesionais da xuventude ás demandas do mercado laboral
  • Organizamos cursos de interese para a xuventude, nas seguintes disciplinas: maxia, formación musical (guitarra, guitarra eléctrica, baixo eléctrico, percusión e técnica vocal), etc.
  • Programamos e realizamos actividades do tempo de lecer, dirixidas á xuventude, que teñen como fin fomentar un ocio saudable entre a mocidade da cidade:
    • Actividades de animación sociocultural nas diferentes zonas da cidade.
    • Campamentos urbanos.
    • Excursións a lugares de interese para a xuventude.
    • Organizamos e realizamos xogos, tales como “Na Busca do Tesouro”.
    • Organizamos e coordinamos programas específicos en datas puntuais, como Nadal, Entroido, etc.
    • Realizamos as inscricións para cursos, talleres e actividades.
  • Xestionamos o censo musical do Concello de Lugo mediante a tramitación de altas, baixas e modificacións de datos dos grupos musicais inscritos.
  • Expedimos o Carné Xove.
  • Tramitamos subvencións en réxime de concorrencia competitiva a asociacións que desenvolven programas para a xuventude.
Cales son os compromisos da OIX?
  • Asesorar ás usuarias e aos usuarios sobre as materias do seu interese, de maneira gratuíta. Realízase a atención de maneira individual e personalizada, a través de profesionais que garanten un ambiente agradable, tranquilo e confidencial.
  • Dispor dun mínimo de 3 orientadores nas distintas materias, nas Asesorías Xuvenís. Este servizo está dispoñible durante 9 horas semanais (3 horas por cada Asesor e materia), de luns a venres.
  • Publicar e difundir a información de interese a través dos taboleiros informativos da OIX, da web municipal e de carteis publicitarios.
  • Programar, organizar e coordinar anualmente o Arde Lucus.
  • Contestar ás solicitudes de reservas para uso de espazos e locais na Casa da Música no prazo máximo de 5 días laborais, unha vez recibida a documentación requirida, de acordo coas bases reguladoras.
  • Contestar ás solicitudes de reservas para uso de espazos e locais na Casa da Música no prazo máximo de 5 días laborais, unha vez recibida a documentación requirida, de acordo coas bases reguladoras.
  • Programar e realizar durante o ano diversas actividades do tempo de lecer.
  • Realizar as inscricións en cursos, talleres e actividades de maneira inmediata, unha vez recibida a documentación requirida, de acordo coas bases reguladoras.
  • Tramitar a alta no censo musical do Concello de Lugo de maneira inmediata, unha vez recibida a documentación requirida, de acordo coas bases reguladoras.
  • Tramitar a baixa no censo musical do Concello de Lugo de maneira inmediata, unha vez recibida a documentación requirida, de acordo coas bases reguladoras.
  • Tramitar a modificación de datos no censo musical do Concello de Lugo de maneira inmediata, unha vez recibida a documentación requirida, de acordo coas bases reguladoras.
  • Expedir o Carné Xove no momento, unha vez recibida a documentación requirida, de acordo coas bases reguladoras.
Como se realiza o seguimento dos compromisos?
  • Número de persoas usuarias da Oficina de Información Xuvenil ó ano.
  • Número de persoas usuarias das Asesorías Xuvenís ó ano.
  • Número de orientadoras e orientadores dispoñibles.
  • Número de horas semanais de asesoramento.
  • Número de folletos e carteis publicados ó ano.
  • Prazo medio de contestación das solicitudes de reserva para uso de espazos na Casa da Música.
  • Número de persoas usuarias de espazos na Casa da Música ó ano.
  • Número de grupos musicais usuarios da Casa da Música ó ano.
  • Número de persoas usuarias de actividades da Casa da Música ó ano.
  • Número de cursos formativos realizados ó ano.
  • Número de actividades de tempo de lecer organizadas ó ano.
  • Número de participantes nos programas e actividades.
  • Número de altas no censo musical tramitadas no momento e porcentaxe sobre as solicitadas.
  • Número de baixas no censo musical tramitadas no momento e porcentaxe sobre as solicitadas.
  • Número de modificacións de datos no censo musical tramitadas no momento e porcentaxe sobre as solicitadas.
  • Número de carnés xoves expedidos no momento e porcentaxe sobre os solicitados.
Onde se atopa a OIX?

A Oficina de Información Xuvenil, OIX, atópase no Centro Uxío Novoneyra, na rúa Quiroga Ballesteros, 1A.