O Concelleiro de Protección da Comunidade e Réxime Interior, José Rábade, deu conta do acordo adoptado na Mesa de Negociación do Concello de Lugo relacionada coa Policía Local e na que participaron os representantes dos traballadores do Concello.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, e o Xefe do Gabinete de Tráfico, Manuel García Ferreiro, presentaron hoxe o Plan de Tráfico para as festas de San Froilán 2008 co que se persegue ser o o máis práctico e efectivo posible.
O Plan ten como principal obxectivo ordenar a circulación na cidade para causar as menores molestias os veciños e vecinos durante os días de festa, polos cortes de tráfico, e potenciar o uso do transporte urbano.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, participou hoxe nunha Comisión de Asuntos Xerais convocada por acordo dos tres grupos políticos con representación municipal en na que estiveron presentes o Presidente da Asociación Provincial de Autoesolas, o Director do Instituto Mapfre, o Director Xeral de Tráfico e varios técnicos municipais do departamento de Enxeñería e do Gabinete de Tráfico.
O programa da Semana Europea da Mobilidade organizado polo Concello de Lugo continúa esta fin de semana cun bo número de actividades.
Coincidindo coa celebración da Semana Europea da Mobilidade o Concelleiro de Protección da Comunidade e Transportes, José Rábade, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, asistiron hoxe á posta en marcha dunha nova base de do servizo municipal de préstamo de bicicletas Rebicíclate.
A Semana Europea da Mobilidade constitúe unha iniciativa impulsada pola Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea desde o ano 2000 que pretende influír a longo prazo en cuestións relacionadas coa mobilidade e os transportes urbanos, así como mellorar a saúde e a calidade de vida dos cidadáns europeos.
A Semana Europea da Mobilidade constitúe unha iniciativa impulsada pola Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea desde o ano 2000 que pretende influír a longo prazo en cuestións relacionadas coa mobilidade e os transportes urbanos, así como mellorar a saúde e a calidade de vida dos cidadáns europeos.
A Xunta Local de Seguridade celebrou unha xuntanza esta mañá no Concello de Lugo para establecer o Plan Operativo das Festas de San Froilán 2008.
O Concelleiro de Protección da Comunidade e Réxime Interior, José Rábade, presentou hoxe o pliego de características técnicas do concurso para a contratación do proxecto do futuro edificio dotacional destinado á Policía Local e a Protección Civil que contará cun orzamento que ronda os 3.500.000 euros.
O edil explicou que o edifico estará situado no barrio de San Fiz, no Sector Sur-K, unha zona en crecemento que dende o Concello se está a revitalizar coa futura construcción do edificio do Centro Tecnolóxico e Agroalimentario (CETAL) e un centro cívico.
O Concello de Lugo publica no seu portal web municipal, no apartado de convocatorias de persoal na sección de Réxime Interior, os formularios de solicitude para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral desta administración local en quenda libre e quenda de consolidación de emprego temporal -concurso oposición-.
Ademais, xa se atopa colgado no mesmo apartado do portal do Concello o regulamento do Corpo de Bombeiros que forma parte do temario esixido para a proba das dúas prazas de bombeiros conductores en quenda libre e das once en quenda de consolidación de
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- …
- seguinte ›
- última »