O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que a Xunta de Goberno Local desta mañá aprobou reactivarmúltiples procedementos relativos ás concellerías de Educación e Infraestruturas Urbanas.
O Goberno de Lara Méndez, a través da área de Medio Ambiente que dirixe Álvaro Santos, activo de novo un dispositivo de limpeza e desinfección extraordinarias na Praza de Abastos, Mercado Municipal, Mercado de Frigsa e no Cemiterio.
O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou o novo percorrido peonil habilitado na Ronda da Muralla.
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que a Xunta de Goberno Local do vindeiro luns aprobará múltiples procedementos relativos ás concellerías de Educación e Infraestruturas Urbanas.
O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que a partir de mañá se pechará ao tráfico un carril da ronda da Muralla debido ao elevado número de persoas que nestes días están a utilizar a ronda da Muralla para pasear.
O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas anunciou a instalación de 10 puntos de luz no xardín Ibañez Méndez, no entorno da fonte dos ranchos.
O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, anunciaba hoxe que esta maña comezaron as obras de reparación do colector de saneamento que días atrás provocou o afundimento dunha parte da calzada na Estrada LU-530. Pk.01+200
O Tenente de Alcalde, e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, pediu á veciñanza que realice deporte ou pasee polo percorrido da muralla que o realice en sentido anti-horario.
Comezou o pintado das zonas de xogo na rúa do proxecto Tecendo Brincadeiras, que realiza a área de Mobilidade e Infraestruturas coa colaboración do gabinete de psicoloxía e terapia familiar de Natalia García.
O Tenente de Alcalde, e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, lembrou que código de circulación establece a indicación de que os peóns circulen pola beirarrúa do lado dereito.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- …
- seguinte ›
- última »