A área de Deportes investirá 349.593’2 euros na renovación do céspede artificial dos campos de fútbol das Gándaras.
A área de Medio Rural informa de que esta mesma semana deron comezo as obras para completar a rede de abastecemento na parroquia de Orbazai.
A área de Medio Ambiente vén de subsanar estes días varias deficiencias localizadas na rede de saneamento que atravesa a traza do Camiño Primitivo ao seu paso pola Rolda do Carme e a Calzada da Ponte.
O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou a apertura do prazo de inscrición nos comedores escolares entre o 15 de xuño e o 31 de xullo. Segundo Felipe Rivas, “este ano, como novidade, ampliamos o servizo de madrugadores e madrugadoras a todos os centros”.
O goberno de Lara Méndez, dende a área de Medio Rural que dirixe Miguel Fernández, iniciou esta mesma semana as obras de aglomerado en quente en diferentes vías municipais de seis parroquias do rural.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, presentaron este venres a iniciativa Fórmate Lugo.
O goberno de Lara Méndez, dende a área de Medio Rural que dirixe Miguel Fernández, iniciou as obras de mellora e rexeneración do firme nas parroquias de Santa Comba, Muxa e Santiago de Piugos, concretamente, na vía entre a Ronda Norte e San Salvador de Muxa, entre a LU-234 e o lí
A área de Urbanismo Sostible resolveu no primeiro cuadrimestre do ano 1.145 procedementos - a unha media de 13’5 ao día - o 73% presentados durante o devandito período, e dos que o 67% gardan relación con comunicacións previas para a execución de obras ou instalacións menores.
O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou á veciñanza, polas posibles molestias e para que se tomen as precaucións necesarias, do próximo inicio dos traballos de renovación das luminarias do centro da cidade.
A Concellería de Infraestruturas informa do remate do acondicionamento da Couselo, no barrio de Albeiros. A solución adoptada pola concellería consistiu na renovación completa das beirarrúas, xunto coa aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 115
- 116
- 117
- 118
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- …
- seguinte ›
- última »