Medio Rural reinicia esta semana as obras para completar o abastecemento de auga en Orbazai

Os traballos, orzamentados en 75.129 euros e cun prazo de execución de dous meses, concéntranse na traída do núcleo de Penarrubia

A intervención inclúe tamén tarefas de desinfección nas canalizacións realizadas anteriormente na zona, previa á posta en marcha da subministración

Martes, 16 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural reinicia esta semana as obras para completar o abastecemento de auga en Orbazai

A área de Medio Rural informa de que esta mesma semana deron comezo as obras para completar a rede de abastecemento na parroquia de Orbazai.

A intervención, orzamentada en 75.129 euros e que conta cun prazo de execución de dous meses, concéntrase na construción da traída no núcleo de Penarrubia.

O edil Miguel Fernández destaca a importancia dos traballos “en tanto permitirán rematar unha infraestrutura básica como é a distribución de auga potable, moi demandada pola veciñanza da contorna”.

“Trátase dun compromiso adquirido hai tempo polo goberno de Lara Méndez que agora, por fin, podemos concretar e materializar co dobre obxectivo de prestar un servizo esencial para a cidadanía pero tamén de que a zona rural e a urbana se equiparen en canto a dotacións públicas”.

Miguel Fernández destacou igualmente que a actuación, financiada con fondos procedentes do Plan Único, contempla as tarefas de desinfección nas canalizacións realizadas con anterioridade e que aínda non entraron en funcionamento. Así, proximamente, procederase á limpeza e saneamento das tubaxes instaladas en A Torre, O Cabalo, A Malladoira e Taboelle ante a inmediata posta en marcha da subministración.

“En canto remate, o abastecemento da parroquia de Orbazai ficará concluído integramente e xa estamos en disposición de avanzar que, en vindeiras datas, comezarán as obras para acometer o de Bocamaos para o que dispoñemos dun presuposto de 95.254 euros”, engadiu o concelleiro.

Audio

  • O edil Miguel Fernández, sobre o inicio das obras de abastecemento en Penarrubia | Descargar mp3

Multimedia

  • Medio Rural reinicia esta semana as obras para completar o abastecemento de auga en Orbazai
  • Medio Rural reinicia esta semana as obras para completar o abastecemento de auga en Orbazai

Noticias relacionadas