A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou esta mañá á quinta das empresas que recibirá financiamento da Estratexia Lugo Transforma.
O Executivo de Lara Méndez retoma a dinamización social das parroquias e faino da man da veciñanza coa que, nunha nova ocasión, volve deseñar a programación sociocultural que se desenvolverá a partir de xaneiro nos centros cívicos e nas escolas do rural.
A Alcaldía de Lugo continúa a promover a formación dos servizos de emerxencia do Concello con novos cursos dirixidos aos integrantes do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento municipal (SPEIS).
A área socialista do Goberno local defenderá no pleno ordinario deste mes unha proposición que ten por obxectivo garantir o futuro do Campus Terra conservando a súa actual oferta educativa e o seu tarscendental labor de investigación.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este martes na Casa Consistorial a un grupo de profesores de Turquía, Polonia, Italia e España que están levando a cabo un proxecto conxunto, promovido pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA)
O executivo de Lara Méndez, a través da concellería de Deportes, que dirixe Jorge Bustos, avanza na consolidación de Lugo como destino turístico deportivo de referencia na zona noroeste peninsular.
O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lugo xa é efectivo, tras un longo e farragoso procedemento de tramitación administrativa.
O Concello de Lugo vén de recibir a autorización autonómica para abrir a primeira planta do Fogar do Transeúnte.
O permiso posibilitará que o albergue, reformado durante o pasado mandato, duplique a súa capacidade de atención incrementando o aforo do centro ata as 28 prazas.
O Executivo de Lara Méndez habilita unha liña de bus escolar para os colexios Quiroga Ballesteros e A Milagrosa mentres duren os traballos de peonalización na contorna da praza do Ferrol e Quiroga Ballesteros.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou está mañá a culminación dos traballos do novo paso alternativo de Recimil, que previsiblemente entrará en funcionamento a partir de mañá.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »