Na Xunta de Compras celebrada hoxe adxudicáronse as obras de posta en valor dos restos arqueolóxicos do Vello Cárcere por 30.422 euros
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu esta mañá ao acto anual sobre política rexional e Fondos Europeos en España organizado polo ministerio de Facenda e a Unión Europea, no que explicou a importancia e a xestión do Plan Urban para a cidade de Lugo.
O Concello consolida a aportación extraordinaria deste ano a emerxencia social e axuda o alugueiro e adica un total de 7,5 millóns a programas sociais
Medra un 147% o gasto en obras e investimentos
López Orozco presentou o documento esta mañá ós Grupos políticos e confía en chegar a acordos basados no entendemento das partes
Xa hai proposta de adxudicación no concurso da primeira fase das obras do edificio de novas tecnoloxías, que consiste na demolición dos edificios. Reuniuse hoxe a mesa de contratación e propuxo adxudicar o proxecto a unha empresa de Lugo que se chama Decoración y Construcción Luis Torres cun presuposto de 83.706 euros.
O proxecto de posta en valor da estrutura de época romana conta cun presuposto de 34.000 euros e contará cunha ventana arqueolóxica
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, comunicou hoxe que o Concello tarda só 36 días de media no pago de facturas ós proveedores. O dato, correspondente ó terceiro trimestre do ano, foi facilitado hoxe á Comisión de Economía e Contas, que celebrou esta mañá a reunión previa ó Pleno do vindeiro luns.
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, a emprendedora Inés López Penelas e fundadora da empresa INPE Leather Desing, e a artista internacional, Soraya Arnelas, presentaron a marca ecolóxica Abrigo Verde coa que se crearán novas pezas de roupa e complementos empregando pel reciclada.
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, o Director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, e os emprendedores Elio Laureano, Romell Jaramillo e Alex Novas, presentaron unha nova empresa instalada no CEI-Nodus baixo o nome de Brox Technology.
O Concello de Lugo aprobou a contratación do proxecto de estudos e propostas técnicas para reformar a Praza de Abastos na Mesa de Contratación celebrada esta mañá. Estas obras foron adxudicadas a Mercasa, que é a empresa pública de mercados pertencente ao Ministerio de Industria, por un importe de 82.200 euros.
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentou esta maña catro talleres de busca activa de emprego que se van celebrar nas instalacións do Espazo>Lab entre os días 25 e 28 de novembro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 155
- 156
- 157
- 158
- 159
- 160
- 161
- 162
- 163
- …
- seguinte ›
- última »