O Concello investirá 83.700 euros na demolición dos edificios anexos á Casa Consistorial

Mércores, 11 de decembro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Xa hai proposta de adxudicación no concurso da primeira fase das obras do edificio de novas tecnoloxías, que consiste na demolición dos edificios. Reuniuse hoxe a mesa de contratación e propuxo adxudicar o proxecto a unha empresa de Lugo que se chama Decoración y Construcción Luis Torres cun presuposto de 83.706 euros. 

Falta a comprobación da solvencia, algo que deberá acreditar a empresa a posteriori tal e como se establece na nova Lei do Emprendemento.
A empresa asume a obriga de ter durante toda a obra, que esperamos remate en febreiro, un arqueólogo para facer os controis por se apareceran restos. 

Noticias relacionadas