O Concello de Lugo patrocina o XX Duatlón Cidade de Lugo memorial Alejandro López que organizan a Federación Galega de Tríatlon, o Clube Tríatlon Cidade de Lugo Fuvial e a Asociación Deportiva FeFeMe.
O Concello de Lugo patrocina o XX Duatlón Cidade de Lugo memorial Alejandro López que organizan a Federación Galega de Tríatlon, o Clube Tríatlon Cidade de Lugo Fuvial e a Asociación Deportiva FeFeMe.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, Jose Manuel Rozas, xefe do servicio de deportes da Xunta de Galicia, Jose Luis Díaz Hernández, Delegado Provincial Federación Galega de Judo, e o judoka internacional Yago Díaz Castillo presentaron esta mañá o VIII Trofeo de Judo Cidade de Lugo.Campionato de España Sub-23 Sector Oeste.
O pasado sábado 27 e domingo 28 de Marzo, celebrouse en Xixón o Campionato de España de Loitas Olímpicas, no que a Selección Galega acadou o primeiro posto por autonomías.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, Carlos Lorenzo, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e Miguel Fernández de Fefeme Triatlón, presentaron esta mañá o Duatlón Escolar de Lugo 2010 que terá lugar o vindeiro domingo 28 de marzo no Parque da Milagrosa.
O Concelleiro resaltou que “será unha oportunidade para poder disfrutar dos que van a ser os valores do duatlón e do triatlón lucense do futuro”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá na Casa do Concello ao presidente do Club Ourense Baloncesto, Jorge Bermello.
O directivo do equipo ourensán visitou ao Alcalde para invirtalo a acudir ao clásico do baloncesto galego que se disputará o vindeiro domingo 28 de marzo entre o Leite Río e o Augas de Sousas en Ourense.
O Alcalde recibiu de mans de Bermello como recordo do derbi galego unha camiseta firmada por toda a plantilla do equipo ourensán.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiu na Casa do Concello á saltadora lucense Paula Ferreiros, campiona de España xuvenil de salto de altura.
A atleta alzouse co título no campionato celebrado en Oviedo hai dúas fins de semana.
* O Concello de Lugo e a Fundación Azkar asinaron hoxe un convenio de colaboración no marco de Lugo10 que conmemora o décimo aniversario da Muralla como Patrimonio
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o responsable de Deportes da Deputación de Lugo, Antón Veiga, o Xerente de Autolusa, Vicente Quintas, o presidente da Escudería Miño, Carlos Íñiguez, e o xefe territorial de Deportes da Consellería de Cultura, José Manuel Rozas, presentaron esta mañá a I Subida Muralla de Lugo.
A pasada fin de semana celebrouse en Oviedo o Campionato de España Xuvenil de Atletismo no que a saltadora de altura lucense Paula Ferreiros, se proclamou campioa de España.
Ademais, o SF Lucus Caixa Rural foi o club galego con máis atletas participantes, con 4 atletas femininas.
Tamén hai que destacar a actuación doutras atletas lucenses como o 4º posto de Alicia Merino en Combinadas, cunha actuación moi completa mellorando marcas en dúas probas: lonxitude e 60 metros valados.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 137
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- …
- seguinte ›
- última »