O Concello de Lugo presenta o VIII Trofeo de Judo Cidade de Lugo. Campionato de España Sub-23 sector Oeste

Luns, 05 de abril de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, Jose Manuel Rozas, xefe do servicio de deportes da Xunta de Galicia, Jose Luis Díaz Hernández, Delegado Provincial Federación Galega de Judo, e o judoka internacional Yago Díaz Castillo presentaron esta mañá o VIII Trofeo de Judo Cidade de Lugo.Campionato de España Sub-23 Sector Oeste.

O Concelleiro manifestou a súa satisfacción por presentar a oitava edición desta proba deportiva e engadiu que “este campionato servirá como referente aos deportistas máis novos de Lugo que practican esta modalidade deportiva”.

A proba terá lugar o sábado 10 de abril de 16.30 a 21.00 horas no polideportivo da Casa do Deporte do Concello de Lugo.

Esa mesma mañá celebrarase o primeiro Campionato Galego de Katas e ao día seguinte o Campionato Galego Infantil e Cadete de Judo de 11.30 a 14.00 en horario de mañá e de 16.30 a 20.00 en horario de tarde.

Multimedia

Noticias relacionadas