Mañá venres, 30 de abril, comeza en Salamanca o Campionato Escolar de Judo para categorías Infantil e Cadete. Nesta competición participará a judoka lucense Paula Barja do Club Judo Lugo con moitas aspiracións a colgarse unha medalla.
Paula Barja é deportista da canteira do Judo Lugo proclamouse campiona galega na categoría cadete na competición celebrada en Lugo.
Lugo acolle a vindeira fin de semana o Máster Nacional de Bolos que terá lugar na boleira Pleno do Centro Comercial As Termas desde ás 17.00 horas do venres 30 de abril ata ás 13.30 horas do domingo 2 de maio.
Neste campionato participarán un total de 32 deportistas, os 16 mellores das categorías femininas e masculinas de toda España. Destaca a participación do lucense José Fraga do Club Milesios.
A pasada fin de semana tivo lugar nas pistas da Cidade Cultural a primeira xornada do Torneo Escolar de Prebeisbol, organizado coa colaboración do Concello de Lugo.
Despois dos 6 partidos xogados, a clasificación a falta dun partido para cada colexio, a excepción do Rosalía, é como se detalla.
1º Luís Pimentel con 9 puntos
2º Albeiros con 4 puntos
Divino Maestro 4 puntos
Franciscanos 4 puntos
3º Rosalía de Castro 3 puntos
A pista municipal de radiocontrol do parque da Milagrosa acolleu esta fin de semana a segunda proba do Campionato Galego de coches de radiocontrol.
Os resultados da competición foron os seguintes:
Resultados 1/8 Pista Gas:
1) Alberto Alonso
2) Iñaki Otero
3) Jaime Alvarez
Resultados 1/10 Touring Eléctricos:
1) Mauricio Martínez
2) Andrés González
3) Alberto Malga
A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, celebra en colaboración con Lume B.C. un torneo de prebeisol-campionato escolar.
A primeira xornada terá lugar mañá sábado 24 de abril de 10.00 a 13.00, e a final será o sábado 1 de maio de 10.30 a 13.00 horas.
Nesta competición participarán equipos de :
- CEIP Luis Pimentel
- CEIP Divino Maestro
- CEIP Rosalía de Castro
- CEIP Albeiros
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, participou esta mañá na presentación do I Open Tempo de Pádel. Neste acto de presentación participaron ademais Domingo Seijas do Club Padel Nuestro (organizador do evento) e Marcos Rodríguez, do restaurante Tempo.
As finais do campionato terán lugar o 5 e 6 de xuño para categorías femininas e masculinas. A fase inicial celebrarase o 28,29 e 30 de maio.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, Antón Veiga en representación da Área de Deportes da Deputación Provincial, José Bouza, Ana Bouza e Coté Bouza do Club Voleibol Emevé, e José Manuel en representación da Xunta de Galicia, presentaron o XXXIII Campionato de España Xuvenil Feminino que se celebrará do 28 de abril ao 2 de maio na cidade.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e Graham Green e Carlos Somoza, membros da Asociación Lucense de Coches Antigos e Clásicos, presentaron o VII Rali Cidade de Lugo que se celebrará o vindeiro sábado 24 de abril a partir das 10:00 horas.
Esta proba, que se celebra por sétimo ano consecutivo, desenvolverase ao longo da xornada por estradas de Lugo, Castro Riberas de Lea, Viveiro, Ferreira e Mondoñedo.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o representante do Club Fuvial en Lugo, Luís Gregorio Ramos Misioné, o responsable da área de orientación do Club Fuvial, Eugenio Rodríguez, e o Xefe Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte, José Manuel Rozas, presentaron hoxe o VIII Trofeo El Progreso - Cidade de Lugo de Orientación.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos Vaz, e o Delegado en Lugo da Federación Galega de Atletismo, Manuel Castiñeira, presentaron no Concello o Campionato Galego de Clubes en Pista que terá lugar o vindeiro sábado 17 de abril, nas pistas Gregorio Pérez Rivera.
O horario das probas será de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 20:00 horas pola tarde.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- …
- seguinte ›
- última »