Mañá venres, día 17 de setembro, abrirase o período de matriculación nas Escolas Deportivas Municipais do Concello de Lugo correspondente á temporada 2010 – 2011. O prazo de matrícula prolongarase ata o día 30 de setembro.
As escolas nas que se poden matricular son as de :
1. Baloncesto
2. Béisbol
3. Boxeo
4. Ciclismo
5. Hockei Liña e Patinaxe Feminino
6. Iniciación á Natación Sincronizada
7. Loita
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentou hoxe a Semana da Mobilidade 2010 que comezará mañá, organizada polo Concello co obxectivo de concienciar ós cidadáns sobre a necesidade de empregar vehículos privados o menos posible e apostar por outro xeito de medios para desprazarse.
Este sábado, 11 de setembro, arrinca o VI Concurso de Tapas e prolongarase ata o día 26 de setembro. Nesta sexta edición participan corenta establecementos e as tapas que presentan a concurso están elaboradas con produtos de calidade da nosa terra, ben sexa seguindo a tradición da gastronomía galega ou as novas vangardas culinarias.
O Concelleiro de Deportes e Turismo, José Manuel Díaz Grandío, presentou hoxe o Primeiro Mini Trail Club Fluvial de Lugo, nun acto no que tamén participaron Eduardo Núñez Torrón, presidente do Club Fluvial e Ismael Fernández, organizador da proba.
Esta fin de semana remata o programa de Visitas Teatralizadas, organizado pola Concellería de Turismo e Deportes, e que este ano leva por título “Lugo Cidade 10”.
O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes e Turismo, José Manuel Díaz Grandío, visitaron hoxe as novas instalacións da piscina de Frigsa. O Concello investiu tres millóns de euros financiados polo Plan E na ampliación da piscina, co que se cumpliu “unha vella aspiración, en palabras do Alcalde.
O torneo de preparación de cara ao Mundial comeza hoxe cos partidos entre as seleccións de Francia e Bielorrusia e de España contra Grecia
O Boletín da Provincia anuncia hoxe a contratación da explotación da cafetería da piscina de Frigsa
Corenta establecementos participan no VI Concurso de Tapas de Lugo que se vai celebrar do 11 ó 26 deste mes de setembro, segundo informaron hoxe o Concelleiro de Turismo e Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e máis o presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros, Cheché Real.
O Torneo Internacional Lugo10, que se desenvolveu na cidade durante os días 2, 3 e 4 de setembro no Pazo Provincial dos Deportes, enfrontou ás xogadoras do combinando nacional, actualmente quinta selección no ranking FIBA e medalla de bronce no campionato de Europa 2009, contra as mellores seleccións do mundo; Francia (Campioa de Europa 2009), Bielorrusia (cuarta clasificada no Campionato de Europa 2009) e Grecia (quinta clasificada no Campionato de Europa 2009).
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- …
- seguinte ›
- última »