O Centro Social Uxío Novoneyra acolle o mércores, ás sete e media da tarde, unha nova conferencia dentro do programa Vivir xuntos, convivir, posto en marcha pola Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro.
Nesta xornada presentaranse as liñas xerais do programa co ánimo de atopar formas de colaboración coas familias para a erradicación da violencia nas aulas e fomentar a conviviencia nos centros educativos da cidade, que é a finalidade que persegue o programa.
Rosa Pulido Valero, profesora e investigadora da Universidade de Alcalá de Henares, ofrecerá unha charla c
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, defendeu as competencias municipais dentro dos servizos sociais. “Os concellos temos aquí un gran papel. Equivócase quen non quera contar cos concellos pola proximidade que temos cos veciños”, dixo.
O Servizo de Prevención de Drogodependencias, integrado na Área de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, inicia mañá, venres, o curso de vixilante de seguridade, que se impartirá a cargo do Grupo Cetssa.
Este curso está subvencionado polo Plan Nacional de Drogas e o Concello de Lugo, o que fixo que quedase reducido a un tercio o prezo do curso, que normalmente ronda os 900 euros e polo que agora se pagarán 320.
Un total de vinte persoas, conformando un grupo mixto, inscribíronse nesta acción formativa, cubrindo deste xeito todas as prazas.
Un total de 856 alumnos do primeiro ciclo de Secundaria de nove centros de ensino da cidade de Lugo participan mañá, venres, nunha nova xornada de Cine Ensino, organizada polo Servizo de Prevención de Drogodependencias.
Trátase da segunda proxección do curso actual e nela poderá verse a película Sky High, una escuela de altos vuelos. Como sempre, haberá dúas sesións, ás dez e ás doce, as dúas no Auditorio Gustavo Freire.
Con este filme tratarase a búsqueda de emocións e sensacións.
O Concello de Lugo abriu hoxe o proceso para a contratación das obras de supresión de barreiras arquitectónicas no aparcadoiro subterráneo da praza da Constitución.
Así se aprobou hoxe en Xunta de Goberno Local. Deste xeito, o Concello contará nos próximos meses con todos os seus aparcadoiros públicos accesibles, xa que Santo Domingo xa ten o ascensor en funcionamento e o de praza do Ferrol está en obras. Deste xeito cúmplense as promesas realizadas polo equipo de goberno nesta materia.
O proceso de contratación ábrese para a presentación de propostas por parte das empresas.
O Concello de Lugo organizou un curso de alfabetización informática destinada a persoas inmigrantes ou emigrantes retornados, que carecen de coñecementos nesta materia ou teñen un nivel básico.
O curso dará comezo o día 24 de xaneiro e terminará o 2 de febreiro en horario de catro e media a oito e media cun total de 32 horas lectivas. Existe un máximo de 15 prazas e cada alumno disporá do seu propio ordenador.
O Concello de Lugo mantén aberto o prazo de inscrición para participar o luns, día 19, no primeiro Concurso e Degustación de orellas e filloas. Esta convocatoria está organizada pola Concellería de Muller e Benestar Social, dirixida por Carmen Basadre, e se atopa dentro do programa de Entroido elaborado conxuntamente por varias áreas.
Este concurso está dirixido a toda a poboación, agás a profesionais da hostalería.
A Asociación Ágora Cultural presenta mañá, xoves, a partir das sete da tarde, o seu primeiro libro de recopilación dos traballos premiados nos certames culturais organizados por este colectivo.
Así, foron tres as categorías nas que se celebraron estes concursos, conto, foto e cómic.
O vindeiro 22 de febreiro Lugo acollerá no salón de actos do Centro social Uxío Novoneyra o Foro Internacional de Comunicación e Xuventude que organiza o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Observatorio Galego dos Medios en colaboración co Concello de Lugo.
O 84,61% dos lucenses que contestaron na enquisa da páxina web www.lugo.es considera que debería existir unha lei que obrigara aos locais a ser accesibles.
Na enquisa participaron un total de 156 persoas, das que 132 están dacordo con esta idea. Por outra banda, un 6,4% (10 persoas) afirma que as leis deberían ocuparse doutras cousas mentres que á mesma porcentaxe lle resulta indiferente. Finalmente, 4 persoas (o 2,56%) afirman non ter unha opinión definida.
A enquisa estivo activa dende o 28 de decembro até onte.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 316
- 317
- 318
- 319
- 320
- 321
- 322
- 323
- 324
- seguinte ›
- última »