O Servizo de Prevención de Drogodependencias, integrado na Área de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, vén de organizar un curso de vixiante de seguridade, que se impartirá a cargo do Grupo Cetssa.
Este curso está subvencionado polo Plan Nacional de Drogas e o Concello de Lugo, o que fixo que quedase reducido a un tecio o prezo do curso, que normalmente ronda os 900 euros e polo que agora se pagarán 320.
O prazo de inscrición para este curso, para o que hai un número limitado de prazas, remata o día 13 de febreiro.
As oficinas de atención ós inmigrantes atenderon case 1.000 consultas no último semestre do 2006.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez González, renovaron o convenio de colaboración para este ano que permitirá ó Concello seguir ofrecendo un servizo de información e orientación ás personas inmigrantes e emigrantes retornados. No transcurso do acto, déronse a coñecer outras medidas para este ano que favorecerán a inserción destas persoas.
O Alcalde destacou que “ninguén emigra porque quere”.
A Concelleira salienta a eficacia da prevención e a educación como armas de loita contra as drogodependencias.
Convocado un concurso de carteis para as I Xornadas Lucenses de Prevención de Drogopependencias.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou esta mañá o balance das actividades postas en marcha dende o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias no pasado ano.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou esta mañá xunto ao Director Provincial do Servicio Galego de Saúde un ciclo de charlas médicas que, baixo o título Sanidade na terceira idade, dará comenzo este venres na parroquia lucense de Coeses.
O vindeiro 22 de febreiro Lugo acollerá no salón de actos do Centro social Uxío Novoneyra o Foro Internacional de Comunicación e Xuventude que organiza o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Observatorio Galego dos Medios en colaboración co Concello de Lugo.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou o programa elaborado por este departamento para conmemorar o Día Internacional das Mulleres, un programa de actos que se alongará até o día 13. Trátase, como explicou, de actividades feitas por mulleres pero dirixidas a todo o público “para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres, que é a finalidade destas actuacións”.
O día 6, martes, arrincarán os actos do programa cunha proxección no Centro Social Uxío Novoneyra, ás doce da mañá co título “O traballo invisible das mulleres”.
O mércores dará comezo un curso de alfabetización informática organizado polo Concello de Lugo e destinado a persoas inmigrantes ou emigrantes retornados, que carecen de coñecementos nesta materia ou teñen un nivel básico.
O curso que dará comezo o 24 terminará o 2 de febreiro en horario de catro e media a oito e media cun total de 32 horas lectivas. Existe un máximo de 15 prazas e cada alumno disporá do seu propio ordenador.
Por segundo ano consecutivo, o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias organiza un curso de formación de monitores para prevención dende o tempo de lecer que arrincará no mes de marzo e para o que esta semana pecha a inscrición.
O curso constará de setenta horas dividíndose en 50 de formación teórica e 20 de práctica.
Debido ao éxito experimentado o ano pasado, formaranse tres grupos con distintos horarios de clases.
A Concelleira de Servizos Sociais, Carmen Basadre, anunciou hoxe que non existe lista de espera para os centros de día, xa que coa apertura de novas prazas na residencia Sanyres foron admitidos os que quedaban.
É a primeira vez que se da esta situación nesta lexislatura. Esta situación estivo condicionada polo aumento do orzamento destinado a centros de día. No 2003 había 40 prazas en réxime de horario reducido e no 2007 xa hai 75.
O Centro Social Uxío Novoneyra acolle o mércores, ás sete e media da tarde, unha nova conferencia dentro do programa Vivir xuntos, convivir, posto en marcha pola Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro.
Nesta xornada presentaranse as liñas xerais do programa co ánimo de atopar formas de colaboración coas familias para a erradicación da violencia nas aulas e fomentar a conviviencia nos centros educativos da cidade, que é a finalidade que persegue o programa.
Rosa Pulido Valero, profesora e investigadora da Universidade de Alcalá de Henares, ofrecerá unha charla c
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 316
- 317
- 318
- 319
- 320
- 321
- 322
- 323
- 324
- seguinte ›
- última »