O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, adscrito á Concellería de Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, vén de publicar o número dos da revista Planeta 13, realizada por mozas e mozos do Centro Social Lamas de Prado.
Nesta revista recóllense moitos dos programas de Prevención que ten en marcha este servizo, coa que tenta chegar a toda a poboación de Lugo, e na que se inclúen diversas seccións, dende artigos de opinión a xogos.
A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, abre mañá, martes, o programa de actos organizado con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres.
Trátase de actividades feitas por mulleres pero dirixidas a todo o público “para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres, que é a finalidade destas actuacións”. O programa se desenvolverá até o día 13.
O primeiro destes actos, será unha proxección no Centro Social Uxío Novoneyra, ás doce da mañá co título “O traballo invisible das mulleres”.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou a primeira edición do Concurso Periodístico Muralla Aberta. Este certame está creado polo Concello coa intención de fomentar a igualdade entre homes e mulleres.
Esta convocatoria está aberta a todos os xornalistas e fotógrafos que realizaran traballos sobre a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, o papel das mulleres dentro dalgún ámbito ou sobre a loita contra a erradicación da violencia de xénero.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias continúa mañá, venres, cunha nova proxección do ciclo Alucine, subvencionado polo Plan Nacional de Drogas. A película elexida é “Bowling for Colombine”.
Este ciclo contempla 12 proxeccións de películas de varias nacionalidades e todas elas cun recoñecido prestixio, ao estar incluídas dentro do Plan Nacional contra as drogas.
O Servizo de Animación Sociocultural da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, realizará os días 25 de abril e 9 de maio unha serie de visitas guiadas ao Museo Provincial.
Esta actividade está dirixida a toda a poboación e é gratuíta. Para participar é necesario inscribirse entre o mércores e o venres nos Centros Sociais Municipais de Lamas de Prado, Fingoi e Uxío Novoneyra.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias publica hoxe a lista de admitidos no curso de formación de monitores para prevención dende o tempo de lecer que arrincará a fin de semana do 9 e 10 de marzo.
A lista pode consultarse no taboleiro de anuncios de Centro Social Uxío Novoneyra e na páxina web do Servizos de Prevención das Drogodependencias, www.prevenciondrogas.lugo.es.
Debido ao éxito experimentado o ano pasado, formaranse tres grupos con distintos horarios de clases.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, asiste mañá, xoves, e o venres, a un seminario internacional co título Bancos del Tiempo: Construyendo confianza, solidaridad y comunidad, que se celebra en Barcelona.
Este seminario está organizado pola Asociación Salud y Familia e dividirase en dous eixos: os principios básicos de xustiza social e os vínculos dos bancos de tempo coa comunidade.
Este seminario contará coa presencia de docentes de renome internacional como Edgar Cahn, Martin Simon e Elvira Méndez.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dará comezo mañá, xoves, a un novo programa subvencionado polo Plan Nacional de Drogas que pasa a substutuír ao finalizado a pasada semana “E ti, ¿comunicas?”, que consistía nunha serie de sesións para promocionar as habilidades sociais.
O novo programa o último que se pon en marcha dentro deste novo ciclo, será un de educación para a saúde, que se celebrará todos os xoves e venres de catro a sete da tarde até o 27 de abril.
O acto estivo presidido por Carmen Pena Ledo, Presidenta de Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Lugo
No acto de presentación participaron ademais representantes dos principais patrocinadores do evento.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias comeza hoxe unha serie de actividades dirixidas a mozas e mozos do Concello e subvencionadas polo Plan Nacional de Drogas e a venda de obxectos decomisados na loita contra as drogas.
O primeiro destes programas leva por título “E ti, ¿comunicas?” e consiste nunha serie de sesións para promocionar as habilidades sociais. Terán lugar todos os xoves e venres até o 23 de marzo, de catro a sete da tarde. Está dirixido a mozas e mozos de 12 a 20 anos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 313
- 314
- 315
- 316
- 317
- 318
- 319
- 320
- 321
- …
- seguinte ›
- última »