Corte no servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga previsto para hoxe, 29 de outubro

O Concello de Lugo informa de que hoxe, xoves, 29 de outubro, procederá a cortar o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga na marxe dereita da rúa Trapero Pardo dende a rúa Francisco Lamas López. A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.