Corte no servizo da Rede Municipal de Subministración de Auga para o vindeiro martes, 18 de novembro

O Concello de Lugo informa de que o vindeiro martes, 18 de novembro, a partir das 7:00 horas, con motivo de que XESTUR poida executar a conexión da rede de abastecemento do polígono das Gándaras (fases IV&V) coa tubaxe arterial do Concello, procederá a cortar o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en:

  • Parte superior do barrio das Gándaras
  • Residencia de Maiores das Gándaras
  • Hospital Universitario Lucus Augusti
  • Cima de Vila
  • A Campiña
  • Fervedoira
  • Muxa

O Servizo de Augas estima que o servizo quedará restablecido esa mesma xornada.

O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.