Corte no servizo da Rede Municipal de Subministración de Auga para mañá, 18 de decembro

O Concello de Lugo informa de que mañá, 18 de decembro, procederá a cortar durante a mañá o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en:

  • Rúa Rego da Laxe.

Así mesmo, esta rúa permanecerá cortada ao tráfico de vehículos mentres se realicen os traballos de reparación, tal e como se aprobou no correspondente plan de tráfico.

A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.

O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.