O Concello de Lugo informa de que hoxe, 2 de decembro, procederá a cortar durante a tarde o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en:
- Rúa Vella da Ponte.
- Pontegaos.
A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.
O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.

