Apoio institucional

Concello de Lugo

Concello de Lugo

  • Bonificación do 50% no imposto de construcións, instalacións e obras para empresas que se instalen no novo parque empresarial das Gándaras
  • Eliminación da licenza de apertura para establecementos comerciais. Só é necesaria unha comunicación.
  • Bonificación dun 25% do IAE para as empresas lucenses que incrementen o seu cadro de persoal.

 

Urban

Plan Urban

  • Subvencións para mellora da imaxe dos locais: fachadas, rótulos, etc., no centro histórico
  • Subvencións para a apertura de novas empresas no centro histórico

 

CEI-Nodus

Centro de Empresas e Inovación CEI-Nodus

Creado co fin de facilitar e pór a disposición das novas empresas e proxectos tanto espazos coma asesoramento especializado en materia empresarial, tecnolóxica e de innovación, e cunha orientación definida á cualificación profesional do persoal traballador baseándose nas necesidades das empresas

 

espazolab

Espazo>Lab

Xestión de proxectos europeos nos que se deseñan accións formativas personalizadas e axeitadas ás necesidades empresariais da cidade e que financian bolseiras e bolseiros en prácticas en empresas da nosa cidade

 

Rede Mercurio

Rede Mercurio

Rede local constituída por todos os axentes sociais involucrados na creación e consolidación de empresas lucenses para o establecemento de estratexias comúns debidamente aliñadas.

 

IGAPE

Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) - Xunta de Galicia

Proxecto impulsa Lugo. Plan de axudas para proxectos empresariais
impulsalugo.xunta.es