Actualidade

Ex., 23-06-2024
Ex., 23-06-2024
Luns, 04 de marzo de 2024
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 1 ao 3 de marzo/24.

Domingo, 03 de marzo de 2024
Maite Ferreiro anuncia a nova exposición ‘Barbie: Cine e moda’, que achegará ao MIHL unha gran colección da boneca máis famosa do mundo

A mostra está formada por máis de 180 Barbies de coleccionista, todas elas edicións limitadas e únicas no mundo.

Ferreiro: “Trátase da primeira exposición en todo o estado dirixida ao mundo do cine e a moda; combinando cultura, historia e diversión para todos os públicos”.

Sábado, 02 de marzo de 2024
Cristina López anuncia as actividades organizadas no Cemiterio Municipal para o 1º semestre do ano

A partires do 10 de marzo voltarán as tradicionais representacións da man de Achádego Teatro.

Haberá actividades especiais coincidindo coa celebración do Día da Muller, o Día do Pai e o Día da Nai.

Sábado, 02 de marzo de 2024
Xuventude ofrece á mocidade lucense un curso homologado e gratuíto de socorrismo a través da programación do +XTi

Habilitará aos participantes que completen a formación para o exercicio desta profesión en instalacións e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia.

En total haberá 25 prazas dispoñibles para lucenses de entre 18 e 28 anos. As inscricións abrirán o martes 5, ás 09:00 horas, a través da web www.lugomasxti.org.

Venres, 01 de marzo de 2024
O Concello de Lugo incorporará a Luis Ramón Vázquez Parga como novo interventor municipal

“É un pracer poder contar no noso equipo cunha persoa avalada coa traxectoria profesional como a que presenta Vázquez Parga”, sinalou a alcaldesa Paula Alvarellos.

O novo habilitado nacional é natural de Lugo e desde 2020 exerce como viceinterventor de clase primeira no Concello de Ferrol.

Venres, 01 de marzo de 2024
Máis de 400 xogadores de toda España participarán esta fin de semana en Lugo no II Campionato Nacional de Mus, co apoio do Concello

Paula Alvarellos, acompañada de Ladislao Real e Emilio Ruíz, presentou esta mañá o evento que reunirá a 34 equipos de 12 provincias de todo o país.

A rexedora subliñou que “Lugo convertirase durante tres días no epicentro do mus nacional” e destacou “a repercusión económica desta cita para o municipio”.

A competición, organizada pola Federación Española de Asociacións de Mus, dará comezo este venres, ás 20:00 horas, no Hotel Mendez Nuñez "Salón Almirante Planta 1".

Venres, 01 de marzo de 2024
O Concello recoñecerá o 8M o labor de catro lucenses referentes no ámbito científico e investigador a través dos Premios Entre Mulleres

A alcaldesa fará entrega destes galardóns a Rosa Romero, Esperanza Álvarez, Cintia Folgueira e Alba Díaz pola súa contribución social nunha cerimonia que terá lugar o próximo venres.

Paula Alvarellos: “Queremos homenaxear o intenso traballo que desenvolven nun ámbito no que a achega das mulleres ten sido fundamental ao longo da historia”.

A programación do 8M, deseñada pola Casa da Muller, inclúe tamén unha exposición intinerante baixo o título ‘De meniña a científica. Nin rosa nin azul, materia gris’.

Ademais, ao longo do mes haberá actividades culturais e de ocio como o festival Feminist Fest, actuacións de teatro e maxia, e deportivas coa celebración do ‘Corre con elas’.

Venres, 01 de marzo de 2024
Inaugúrase no Vello Cárcere a exposición ‘Conciencia dunha tradición’ con mostras da olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós

Entre 200 e 300 cerámicas exhiben no Vello Cárcere as semellanzas e as diferenzas entre as pezas realizadas nos catro centros artesanais que coexistiron na provincia de Lugo.

No proxecto colaboran tamén a Asociación Ceramolóxica Canaveira, a Unidade de Arqueometría da Universidade de Santiago e a FECYT.

Páxinas