23 emprendedores completaron o curso online de comunicación dixital, organizado polo Concello e impartido pola lucense Mar Castro

O Goberno de Lara Méndez puxo en marcha esta iniciativa, en colaboración con AJE Lugo, co obxectivo de ofrecer formación especializada e grauíta aos participantes, nun ámbito que se atopa en auxe debido á crise sanitaria

Os participantes no curso son emprendedores/as e empresarios/as en diferentes áreas: traducción e interpretación, arte visual, diseño gráfico, formación ou hostalería, entre outros

Xoves, 20 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Un total de 23 emprendedores e emprendedoras completaron o curso online de comunicación dixital que puxo en marcha o Goberno de Lara Méndez, dende a área de Desenvolvemento Local e Emprego, en colaboración con AJE Lugo, co obxectivo de ofrecer unha formación especializada e gratuíta aos participantes, que puideron ampliar os seus coñecementos nun ámbito que se atopa especialmente en auxe debido á situación de crise sanitaria, como é o da comunicación dixital.

O curso, que finalizou este mércores, estivo impartido pola lucense Mar Castro, Doutora en Comunicación, profesora universitaria e asesora empresarial. Incluíu cinco sesións de videoconferencia, de 90 minutos, e unha sesión de asesoría individual de 60 minutos. Ademais, todos os participantes recibirán un Manual de Comunicación Profesional Dixital Post COVID-19, elaborado pola autora, en base aos seus coñecementos, experiencia e outras publicacións.

Os participantes no curso son emprendedores/as e empresarios/as en diferentes áreas: traducción e interpretación, arte visual, diseño gráfico, formación ou hostalería, entre outros. Debido á variedade de ámbitos profesionais, todos eles compartiron experiencias e comentarios o que supuxo un valor engandido, destacando o nivel de participación dos asistentes.

O programa incluíu 5 bloques temáticos a través dos que se profundizou en: comunicación asertiva, comunicación oral, comunicación non verbal, comunicación escrita e comunicación corporativa. A través deste curso os participantes puideron mellorar as súas habilidades comunicativas, contribuíndo a un mellor posicionamento da súa marca.

Debido á pandemia de COVID-19, a comunicación a través da pantalla converteuse nunha práctica moi extendida, que esixe o dominio de ferramentas, plataformas e salas virtuais para contribuír ao posicionamento da imaxe de marca. Así, a xestión estratéxica da presencia no entorno virtual, demanda o desenvolvemento de habilidades centradas na comunicación dixital.

Noticias relacionadas