O Orzamento Xeral do Concello de Lugo vén de entrar en vigor unha vez publicado hoxe no Boletín Oficial da Provincia, tal como establece o artigo 169 do Real Decreto 2/2004 polo que se aprobou o texto refundido da Lei de Facendas Locais.
O Orzamento, que ascende a 94.673.797 euros, un 3% que o ano pasado, foi aprobado inicialmente o día 26 de decembro pasado e quedou aprobado definitivamente o día 23 de xaneiro xa que non se presentaron reclamacións durante o período de exposición pública.
A Mesa de contratación do Concello acordou hoxe adxudicar á empresa Calfensa o servizo de mantemento das zonas verdes da cidade por un importe de 797.000 euros, incluído o IVE do 21%.
Esta actuación ofrecerá servizos culturais ao centro da cidade e será un lugar de referencia para os veciños
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e membros da corporación municipal realizaron esta mañá unha visita ás obras que se están realizando no Vello Cárcere e coas que se converterán nun centro cultural.
Lugo obtivo a mellor nota posible, 100 puntos, na transparencia das contratacións
O Goberno local de Lugo amosa a súa satisfacción porque o Concello da nosa cidade volveu acadar a mellor nota de todos os concellos galegos na transparencia da xestión municipal que mide o Índice de Transparencia dos concellos de España.
A Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos, que dirixe Sonia Méndez, levará a cabo hoxe unha nova iniciativa de apoio ó pequeno comercio enmarcada dentro do Plan Urban.
Unha das liñas de actuación en apoio do pequeno comercio que desenvolve o Plan Urban consiste no estudo de novas vías de negocio para os titulares de postos da Praza de Abastos e do Mercado municipal que venden produto fresco galego.
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, participou hoxe na visita que efectuaron un grupo de alumnas do IES Muralla Romana ás instalacións do CEI-Nodus.
O grupo, formado por trinta alumnas de estética e perruquería, coñeceron as instalacións do CEI e tamén asistiron a unha charla sobra a creación de empresas e cooperativismo.
CEI-Nodus cei.lugo.es
O Concello de Lugo vén de contratar a elaboración dunha base de datos para a xestión integral da documentación histórica sobre o urbanismo de Lugo que está a ser inventariada e dixitalizada no obradoiro de "Dixitalización do Patrimonio Documental lucense".
O Concello de Lugo felicítase porque a Xunta de Galicia, a través do Sergas, abonou a cantidade que debía ao Concello de Lugo en concepto de Imposto de Bens e Inmobles do Hospital Universitario Lucus Augusti. As anualidades que se debían era as dos anos 2010 e 2011 e que superaban o millón de euros.
Neste sentido, agárdase que sigan polo camiño de cumprir coas súas obrigas como fan o resto dos cidadáns e abone as cantidades que deben, tamén en materia de IBI, tanto Xestur como o IGVS.
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, recibiu aos mozos e mozas que completaron a súa formación realizando prácticas en empresas de Alemaña, Italia e Reino Unido, a través do programa Lugoqualitas 2 organizado polo Concello de Lugo e a Unión Europea.
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, deu conta esta mañá dos acordos adoptados na Xunta de Goberno Local e dos que destaca dúas novas licenzas para a construción de naves industriais no parque empresarial de As Gándaras.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 161
- 162
- 163
- 164
- 165
- 166
- 167
- 168
- 169
- …
- seguinte ›
- última »