O prazo para inscribirse nos cursos de natación, que organiza a Concellería de Deportes para o vindeiro curso, permanecerá aberto entre o 3 e o 12 de setembro.
As solicitudes deberán presentarse na piscina municipal na que se queira facer o curso e as matrículas formalizaranse nas oficinas da Concellería de Deportes, situadas no Polideportivo de Frigsa.
Para máis información pódense consultar os horarios dos cursos na web municipal www.lugo.es.
A oferta para a nova tempada das Escolas Deportivas Municipais inclúe 23 modalidades
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá o balance das actividades organizadas pola Concellería de Deportes durante este verán e as novas actividades das Escolas Deportivas para o curso que ven.
O edil valorou positivamente a tempada veraniega das piscinas descubertas de Frigsa, que rexistraron 11.657 usuarios durante os meses de xullo e agosto.
A Peña Motorista Lucense realizou o pasado domingo, día 26 de agosto, a súa tradicional visita anual ao parque Natural de Peneda-Gêres situado no norte de Portugal. Desde fai seis anos, cada último domingo de agosto parten desde Lugo nesta saída na que percorren máis de 400 quilómetros para gozar do pracer da condución e dunha xuntanza gastronómica.
Un total de once motos e quince motoristas participaron na expedición, que partiu ás 9:00 horas desde O Ceao.
O Concello de Lugo organiza un campionato de pachangas entre alumnos dos IES de Xoán Montes, Lucus Augusti, A Nosa Señora dos Ollos Grandes, Ánxel Fole e Leiras Pulpeiro. Esta actividade obedece a unha proposta realizada polos radares xuvenís que traballan nos centros mencionados e que recolleron dos propios compañeiros.
Este campionato, que comezou o pasado día 18, continúa este venres 25 de maio, desde as 17:30 ata as 20:30 horas, nas instalacións deportivas dos institutos participantes.
A Concelleira de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, abriu hoxe o prazo de solicitude de praza para os cursos de natación que se organizan nas piscinas de Frigsa e As Pedreiras.
A solicitude de praza pode facerse até o 16 de marzo na piscina onde desexe realizar o curso.
A Concellería de Deportes celebrará na segunda quincena do mes de abril un curso de pesca para principiantes no que se incluirán saídas ao río durante as fins de semana.
O curso desenvolverase os martes e xoves correspondentes aos días 17, 19, 24 e 26 de abril. As saídas ao río serán os sábados 21 e 28.
No curso impartiranse distintos contidos, como montaxe, entomoloxía, nudos, lance e pesca á ninfa.
Lugo acolle o vindeiro domingo, día 20, o Campionato Galego de Atletismo Cadete e Xuvenil, que se celebrará nas pistas Gregorio Pérez Rivera a partir das 10:30 horas.
Esta competición achegará a Lugo a máis de 600 atletas de toda Galicia que disputarán as probas das distintas modalidades de atletismo (velocidade, valados, saltos, lanzamento, etc.).
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá o II Criterium Aeronáutico-Galicia. O acto de presentación tivo lugar esta mañá ás 11:15 horas no Salón de Actos da Deputación e contou coa presencia do Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, o Alcalde de Castro de Rei, Xoán Xosé Díaz Valiño, e o Presidente do Real Aeroclub, Luis Abelleira.
Este acontecemento deportivo celebrarase entre os días 26 e 29 de xullo no Aeródromo de Rozas e achegará a máis de 2.000 persoas a Lugo.
La Copa de España de fútbol sala “Lugo 2007” que dará comienzo el próximo jueves 15 de marzo en Lugo tendrá una actividad más paralela y un ingrediente a mayores para que la Copa de Lugo se conviertan en un gran torneo.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá xunto ao Director da Xira Fútbol Park- Copa Umbro, -Javier Pleguezuelos- e o Director de Área de Negocios de La Caixa -José Manuel López- a quinta edición da Copa Umbro de Fútbol 3x3, que é o acontecemento deportivo itinerante máis importante de España.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 160
- 161
- 162
- 163
- 164
- 165
- 166
- 167
- 168
- …
- seguinte ›
- última »