O Polideportivo Municipal da Piscina de Frigsa acollerá dende mañá venres 18 de abril ata o vindeiro domingo 20 de abril, a fase final do Campionato Autonómico Junior Masculino de Baloncesto.
Durante as tres xornadas os catro equipos participantes disputarán un total de 6 encontros dos que sairá o vencedor do campionato.
Os equipos participantes serán:
- CIDADE DE LUGO 90
- MARIN PEIXEGALEGO PIPPEN SPORT
- MARISTAS
- CAIXANOVA ROSALIA
O calendario dos encontros é o seguinte:
JORNADA 1 (18/04/08)
17:00.- MARISTAS – CAIXANOVA ROSALIA
19:00.- CID
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e José Antonio Latorre e Martín Graham, membros da Asociación Lucense de Coches Antigos e Clásicos, presentaron o V Rali Cidade de Lugo que se celebrará o vindeiro sábado 19 de abril a partir das 10:00 horas. Esta proba, que se celebra por quinto ano consecutivo, desenvolverase ao longo da xornada por estradas de Lugo, Meira e Rábade.
O vindeiro domingo 13 de abril ás 12:00 horas terá lugar a quinta proba do circuíto Corre con Nós que transcurre íntegramente pola estrada do Paseo do Rato adoptando distintas distancias en función das categorías dos corredores e das corredoras.
A saída e a meta estarán situadas no extremo da estrada do Rato que conflúe coa Nacional VI, dende donde sairán as diferentes categorías.
A primeira das carreiras corresponderá a categoría A que percorrerá una distancia de 800 metros para as rapazas e rapaces nados entre o 99 e o 2003 cun percorrido de 400 metros de ida e volta polo asfal
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente do Club Fuvial en Lugo, Eduardio Núñez Torrón, o responsable da área de orientación do Club Fuvial, Eugenio Rodríguez, Raúl Centelles do grupo Begano Coca-Cola, e Luis Barrio en representación de El Progreso presentaron hoxe o VI Trofeo El Progreso - Cidade de Lugo de Orientación.
A carreira terá lugar o vindeiro sábado 12 de abril no Monte Segade. Esta proba de orientación, puntuable para a Liga Galega de Orientación, está aberta a la participación de escolares, universitarios y aficionados.
A Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío e o moto club Kastri Racing celebrarán o próximo 17 e 18 de maio a carreira de motos Clásicas Muralla Memorial Juan Manuel López Mella, en homenaxe ao piloto lucense.O circuíto urbano está especialmente deseñado para o goce do público e con todas as medidas de seguridade para os pilotos e afeccionados.
As motos admitidas para esta proba son as seguintes:
- Categoría 2T. Motocicletas de competición monociíndricas ata 250 c.c.
- Categoría 4T.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron na Casa Consistorial aos representantes das seleccións que están a participar no Campionato europeo Sub-20 de Balonmán 2008 que dende o pasado luns se está a celebrar na cidade.
O Alcalde agradeceu á organización o feito de contar con Lugo como sede dun campionato destas características e que servirá para promocionar a cidade no exterior.
Entregou aos xogadores das seleccións sub-20 de Eslovaquia, Georgia, Italia e España, estados participantes, un agasallo como recordo do seu p
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron xunto a outros membros da Corporación Municipal as dúas deportistas lucenses Sara Álvarez e Tania Fernández, que recentemente lideraron os podios dos campionatos nacionais das súas disciplinas deportivas o judo e o piragüismo, respectivamente.
O acto tivo lugar este martes, 18 de marzo, ás 11:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial e contou coa presencia dos adestradores das dúas deportistas e representantes das federación provinciais de judo e piragüismo.
A judoca, Sar
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Deputado Provincial da Área de Deportes, Antonio Veiga, ao Presidente da Federación Galega de Triatlón, Paco Villanueva e ao secretario da Asociación F.F.M., Miguel Fernández, o campionato de España de Pentlatón Moderno que acollerá Lugo o vindeiro sábado, 15 de marzo.
Díaz Grandio explicou que os participantes competirán en catro probas que consistirán en proba de tiro, de esgrima, de natación e de carreira de asfalto para o que se aproveitarán as instalacións do Pavillón Municipal de Frigsa.
A competición a
O vindeiro domingo, 9 de marzo, terá lugar a terceira proba do circuito Corre con Nós 2007-2008 organizado polo Concello de Lugo. Saida e meta de todas as categorías estará situada baixo a Ponte Nova na propia estrada de Ombreiro en diracción á estación elevadora de augas.
A organización ten previsto abrir o prazo de recollida de dorsais e chips de todos aqueles que non o fixeran con antelación, o mesmo domingo a partir das 11:00 horas na carpa central, situada no aparcadoiro superior do centro comercial ata as 11:30 horas.
Os interesados poden inscribirse gratuítamente na Piscina Municipal de As Pedreiras
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Director Xeral de Framgarro Sport, Francisco García e ao Director de Área de Negocio de La Caixa, José Manuel López, a VI Xira “Multideporte Joven” que se celebra en Lugo por quinto ano consecutivo.
O edil explicou que “esta actividade consiste nun torneo de fútbol 3x3 e outras actividades deportivas que supoñen unha festa do deporte para os rapaces lucenses e serve para fomentar a práctica do deporte ”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 156
- 157
- 158
- 159
- 160
- 161
- 162
- 163
- 164
- …
- seguinte ›
- última »