O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Presidente da Federación Galega de Tenis, o lucense José Antonio Pereiro, clausuran hoxe o curso de xullo da Escola Deportiva Municipal de Verán 2011.
O curso, organizado pola Federación Galega de Tenis en colaboración coa Concellería de Deportes de Lugo, pecharase cun acto no que se fará entrega das medallas do minitorneo final de clausura.
A clausura terá lugar ás 19.30 horas nas pistas de tenis municipais de Frigsa.
A selección lucense colleitou un grande resultado no IX XOGOS DO EIXO ATLANTICO disputados na localidade portuguesa de Matosinhos entre os días 4 e 8 de Xullo xa que acadou a 4ª posición xeral dun total de 23 equipos que participaron nos Xogos.
A piscina de verán en Frigsa do Concello de Lugo, recibiu na primeira semana de uso a visita de 1450 usuarios que desfrutaron destas instalacións. A pesares do mal tempo reinante nestas últimas xornadas, a afluencia de visitantes foi importante.
Desta maneira, os días de maior afluencia foron o luns 4 de xullo con máis de 520 persoas, o venres 1 de xullo con case 400 usuarios e o sábado 2 de xullo con 350 usuarios.
O Concelleiro de Deportes, José M. Díaz Grandío, anunciou que “aproveitamos os meses de verán para facer obras de mellora e, incluso nalgúns casos, obras de nova construción na maioría das instalacións deportivas do Concello de Lugo”.
A cidade de Lugo contará cunha ampla representación nos IX Xogos do Eixo Atlántico que se celebran entre o 3 e o 8 de xullo en Matosinhos, Portugal. Un total de 74 deportistas lucenses desplazaránse este domingo día 3 a Portugal para participar nas competicións .
O sábado, día 2 de xullo, terá lugar nas instalacións deportivas municipais do Palomar unha velada mixta de kickboxing e Full contact na que participarán un club leonés, dous asturianos, un pontevedrés, outro coruñés e dous lucenses.
Medio cento de rapaces toman parte no Campus de baloncesto de base Cidade de Lugo 2011 que ten lugar esta semana nas instalacións deportivas municipais de Frigsa.
No Campus participan nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos. Ademais de adestramentos de baloncesto, os participantes desenvolven outras actividades como piscina, tenis, voley-praia, fútbol e xogos.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, xunto con outros membros da corporación local presidiu a recepción que lle ofreceu o Concello aos equipos de fútbol da categoría pre-benxamines, cadetes e infantiis gañadores nas súas categorías.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o coordinador das actividades, Iván García, o Vicepresidente do Club Porta XI, Santiago Argüeso, e o Delegado da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Rozas, presentaron esta mañá o Campus Lugobasquet 2011 que terá lugar na cidade do 3 ao 9 de xullo.
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, xunto coa Federación Galega de Tenis, poñen a andar os primeiros cursos de iniciación de tenis dirixidos a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos. Desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto nas instalacións da Frigsa. Serán dous días de clase á semana durante unha hora en quendas de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- 128
- 129
- …
- seguinte ›
- última »