A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, presentou o V Festival de Teatro Clásicos do Século XX organizado pola súa Concellería. Nesta edición a cita teatral terá como protagonistas a grandes autores como Darío Fo, Valle-Inclán e Bertolt Brecht. Neste festival representaranse tres obras de gran calidade a prezos populares entre os días 17 e 22 de novembro no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
O festival arrincará o día 17 ás 20:30 horas coa representación de Muerte Accidental de un Anarquista de Darío Fo a cargo de la compañía Suripanta Teatro.
Do 10 ao 15 de novembro terá lugar a XVIII edición do Festival de Jazz de Lugo, que se ven celebrando cada mes de novembro, ininterrompidamente, desde o
ano 1991.
O Festival está organizado pola Asociación de Amigos do Jazz “Escobijazz” e patrocinado polo Concello de Lugo, polo Plan Xacobeo da Xunta de Galicia, a Fundación Caixa Galicia, a Consellería de Cultura, a Deputación Provincial e a Universidade de Santiago de Compostela.
Os 15 concertos dos que consta o festival desenvolveranse en diferentes escenarios: no Círculo das Artes, no Auditorio da Fundación Caixa Galicia e n
O vindeiro domingo, 9 de novembro, o Colexio Rosalía de Castro de Lugo acollerá unha exposición sobre micoloxía organizada polo Concello de Lugo e a Asociación Micolóxica Lucus que foi presentada hoxe pola Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo e o presidente da Asociación Julián Alonso.
A Concelleira explicou que se trata dun evento que ten xa unha longa tradición entre o Concello e a asociación e que se celebra todos os outonos.
Trátase da sétima edición dunha mostra que amosará preto de 200 especias distintas de cogumelos recollidas polos membros da asociación
Mañá mércores, 5 de novembro, comeza o II Congreso de Arquivos Municipais Españois organizado polo Concello de Lugo e o Ministerio de Cultura.
O ciclo ‘Músicas a Carón da Mosqueira’ iniciará a vindeira semana a súa programación de concertos para o presente curso académico 2008-2009. Esta iniciativa está enmarcada no Convenio Lugo Cultural que conforman o Concello de Lugo, a USC, Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e Fundación Caixa Galicia.
O ciclo é unha proposta coa que se pretende achegar ao público en xeral a música clásica, tanto en forma de propostas convencionais como a través doutras máis innovadoras.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, José Francisco Real, entregaron os premios aos establecementos ganadores do IV Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo.
López Orozco destacou a importancia de dar a coñecer a “extraordinaria hostalería lucense, cada día é máis certo que, para comer, Lugo”. Animou a todos os hostaleiros e hostaleiras a seguir adiante “neste camiño, o voso traballo é exemplo de mellora constante.
Unha vintena de magos encherán de trucos e misterios a cidade ente o luns día 3 de novembro e o sábado día 8. As actuacións formarán parte da sexta edición da Semana Internacional da Maxia. Lugo Máxico 2008 organizada pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo en colaboración co colectivo Waldemar e a productora Abracadabra Produccións.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o vicepresidente do colectivo máxigo Waldemar, José Antonio Díaz, e o Mago Rafa e o Mago Teto, presentaron o programa desta reunión internacional de magos.
O Concello de Lugo e o Ministerio de Cultura, organizan o II Congreso de Arquivos Municipais españois, que terá lugar entre os días 5 e 8 de Novembro do ano 2008 na cidade de Lugo e que se centrará nos arquivos municipais e a e-administración.
A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, destacou na presentación, o inxusto tratamento que reciben os arquivos municipais “son pouco visibles dentro da aministración e son elementos básicos para o bo funcionamento dunha administración e tamén para asegurar os dereitos da cidadanía”.
María Jesús Saavedra, arquiveira muni
O Convenio Lugo Cultural, formado pola USC, Concello de Lugo, Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e Fundación Caixa Galicia, celebrarán entre o 19 e o 26 de outubro a tradicional Semana de Benvida, coordinada pola Vicerreitoría de Cultura da USC, coa que se pretende ofrecer unha serie de actividades culturais e lúdicas que sirvan como lugar de reunión e contacto entre os estudantes.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, fixeron hoxe balance das festas de San Froilán 2008. O Alcalde indicou que “se cumpliron con creces os obxectivos marcados xa que cada ano reunen na cidade a un maior número de persoas”.
López Orozco destacou “a repercusión que estas festas teñen no comercio e na hostelería da cidade, polo que para min son unha inversión non un gasto”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 396
- 397
- 398
- 399
- 400
- 401
- 402
- 403
- 404
- …
- seguinte ›
- última »