O Festival de Música Cidade de Lugo XXXVII Semana do Corpus chega a un dos seus momentos álxidos para celebrar o ano Haendel con dous concertos no Círculo das Artes esta semana.
O 2009 é un ano marcado, no musical, polas efemérides dalgúns dos compositores, dos xenios, máis sobranceiros da historia da música. Especial atención presta o festival a un dos grandes piares do Barroco no 250 aniversario da súa morte, Georg Friedrich Haendel, cuxa música enche tres dos grandes concertos, tres dos momentos estelares, desta trixésimosétima edición do Festival de Música Cidade de Lugo.
O Festival de Música Cidade de Lugo XXXVII Semana do Corpus entra no seu tramo final no que se mantén o ritmo e o interese dos concertos. Tócalle a quenda a unha das efemérides musicais máis importantes deste ano 2009, o bicentenario da morte de Joseph Haydn.
Tras o exitoso arranque do Festival de Música Cidade de Lugo XXXVII Semana do Corpus, coa Igrexa de San Pedro ateigada de público para escoitar o concerto dedicado a Haendel da agrupación inglesa The Scholars Baroque Ensemble, e o concerto do frautista Laurent Blaiteau, continúa esta semana a súa marcha cun singular e atrainte programa dedicado á opereta.
A protagonista deste terceiro concerto será a mezzosoprano vienesa Alexandra Rivas.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Vicepresidenta Segunda da Deputación Provincial, Lara Méndez, presentaron hoxe os resultados do proxecto europeo Vías Atlánticas que foi executado entre os anos 2005 e 2008.
Co segundo dos concertos do Festival de Música Cidade de Lugo XXXVII Semana do Corpus chega a primeira das tres citas sobre música de cámara e que estarán dedicadas á frauta neste concerto que terá lugar o luns 27 de abril, ao violoncello como homenaxe a Pau Casals o 13 de maio e ao dúo de violín e piano co recital de Massimo Spadano e Alexander Schmalcz o 15 de maio.
A exposición Valle-Inclán debuxado foi inaugurada onte mércores 22 de abril no Colexio de Fonseca en Santiago de Compostela, converténdose así na primeira mostra organizada polo Concello de Lugo que se transforma nunha mostra itinerante unha vez finalizada a súa estancia en Lugo. Neste acto estivo, en representación do Goberno Local, a Concelleira de Cultura e Turismo.
Comeza a trixésimo sétima edición do decano dos festivais galegos de música clásica: o Festival de Música Cidade de Lugo. XXXVII Semana do Corpus que durante os próximo mes e medio encherá de música a cidade cos dezaoito concertos que se celebrarán en diferentes lugares como o Círculo das Artes, o Conservatorio de Música, a Igrexa de San Pedro e a sede de Fundación Caixa Galicia.
O xurado do premio Ánxel Fole, que organiza a Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, elexiou hoxe aos dous gañadores nas dúas categorías.
Do 19 ao 22 de febreiro Milán acolleu un ano máis unha nova edición da “Borsa Internazionale del Turismo” na que a cidade de Lugo participou como expositor de Turespaña acompañado por Turgalicia, Santiago de Compostela e o Camiño de Santiago.
Lugo tivo unha acollida moi boa como destino turístico entre o público asistente á feira e os profesionais do sector, como empresas especializadas en viaxes, na organización de eventos e páxinas web relacionadas co mundo do turismo.
Un ano máis o Concello de Lugo, coa colaboración da Vicerreitoría de Cultura da USC, a Escola Arte e Lecer de Fingoi e Palimoco teatro, organiza a Mostra de Teatro Cidade de Lugo que chega xa á súa sétima edición.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 388
- 389
- 390
- 391
- 392
- 393
- 394
- 395
- 396
- …
- seguinte ›
- última »