A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, acompañada doutros membros da corporación deulle a benvida ó Concello ós membros da Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril, que hoxe participan das festas do San Froilán.
O presidente desta Asociación, Fermín Avellaneda Vázquez, foi o encargado hoxe da apertura da Porta da Estación.
Ata o día 15 de outubro pódense visitar as dúas mostras instaladas na Sala de Exposicións do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, que organiza a Concellería de Cultura: “Cores da Historia en Lugo10” e “A Memoria da Cidade”. Nos dous casos, a entrada é de balde e o horario de visita é de 16.00 a 21.00 horas.
A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presidiu esta tarde a recepción que lle ofreceu o Concello ós participantes no VIII Festival de folclore tradicional, na que tamén participaron varios membros da corporación municipal.
A Concelleria de Cultura, Nuria Mundiña, e o representante da empresa Oide que organiza o concerto que ofrecerá Joaquín Sabina ás 22.00 horas no Pazo Universitario informaron esta mañá en rolda de prensa dos preparativos do espectáculo que organiza o Concello de Lugo dentro das festas do San Froilán.
Crebinsky é unha road movie singular que destila humor entrañable, protagonizada por Miguel de Lira e Sergio Zearreta, cun elenco no que destacan Luis Tosar, Celso Bugallo, Patrica de Lorenzo e Farruco Castromán entre outros
A xira Universo Crebinsky chega a Lugo logo de pasar por Ortigueira, Ribadeo, A Coruña e Ourense, e xusto antes de que o filme viaxe ao Festival Internacional de Cine de Pusan (Corea)
Hoxe venres, remata o prazo para adquirir as entradas a través de Internet para o concerto de Joaquín Sabina, que terá lugar o día 11 de outubro no Pazo Universitario. A partir de mañá, sábado día 9 de outubro, as entradas poderán adquirirse no centro comercial Carrefour e na axencia de viaxes Halcón. O prezo das entradas será de 30 euros.
Os Concelleiros de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, e de Cultura, Nuria Mundiña, participaron esta tarde na presentación dunha revista científica internacional, Spahish Journal of Rural Development (SJRD), que tivo lugar na Casa do Concello.
Esta publicación naceu froito do esforzo dun grupo de profesores do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC.
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, e Rubén Carricova, coordinador de actividades da Asociación Cultural Terra Copora, presentaron hoxe a exposición “Construíndo un Imperio”, que se poderá ver dende o 18 de outubro ata o 30 de outubro no Centro Social Maruja Mallo.
A comedia de Plauto representarase o 16 de outubro as 20.30 horas no Auditorio Gustavo Freire, e a entrada será de balde
A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, xunto coa Presidenta da Asociación Teatral Achádego, Tareixa Campos, e o Director da obra AULULARIA, Antón Sampaio, presentaron hoxe a vindeira representación do grupo de teatro Achádego, incluida no programa de actos de conmemoración do Décimo Aniversario, Lugo10.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, asistiron esta tarde á presentación do libro de Javier Serrano Alonso “Lucus fulget. As festas literarias nos sanfroiláns finiseculares (1899-1901)”, nun acto no que tamén interveu o autor e que tivo lugar no Concello.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 361
- 362
- 363
- 364
- 365
- 366
- 367
- 368
- 369
- …
- seguinte ›
- última »