A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que a Xunta de Goberno aprobará mañá a oferta dos postos que se deron de baixa nos últimos tempos no Mercado Municipal e na Praza de Abastos.
Os servizos de Licenzas e Arquitectura do Concello de Lugo e o COAG camiñarán da man proximamente para recortar os tempos de tramitación e axilizar a concesión deste tipo de permisos urbanísticos.
O Concello de Lugo estará presente no II Congreso Internacional sobre cannabis e os seus dervidados: saúde, educación e lei, que reúne dende xoves a domingo a 250 especialistas no Auditorio M
A Corporación Municipal do Concello de Lugo realizou a tradicional ofrenda floral co motivo da festividade de Santos.
A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que o soto da praza de Abastos acolle o Mercado Especial das Flores, que dende a área se organiza con motivo da festividade de Santos.
A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, xunto con Pomba Luxilde, de Palimoco Teatro, presentaron en rolda de prensa as actividades que se realizarán no Cemiterio co gallo da festividade de Santos.
O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou no día de hoxe o reforzo nas liñas de bus urbano que comunicarán o centro co cemiterio municipal o vindeiro 1 de novembro.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, daba conta esta mañá das obras de mellora que estes días se acometen no Centro para a Modernización Tecnolóxica, sito en Lamas de Prado, no que se están a reparar varias filtracións de auga detectadas no edificio.
O Concello de Lugo colabora activamente na instalación das Aulas Newton Móbiles ubicadas na Horta do Seminario do 22 de outubro ata o 10 de novembro, polas que pasarán máis de 500 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 14 e 16 anos dos colexios da provincia lucense.
A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina lembrou que continúan as actividades teatrais E logo ti...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- …
- seguinte ›
- última »