O baile previsto para esta fin de semana no Centro Social de Fingoi celebrarase finalmente o día 14 de abril.
A Concellería de Muller e Benestar Social está a desenvolver xunto ao Servicio Galego de Saúde un ciclo de charlas médicas que, baixo o título Sanidade na terceira idade, visitará esta semana os centros sociais do Sagrado Corazón e o Díaz Castro.
Esta iniciativa obedece ao convenio de colaboración asinado entre o Concello, o Sergas e o Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo para levar a cabo unha serie de accións formativas relacionadas coa saúde.
O ciclo continúa esta semana con dúas charlas, a primeira será no Sagrado Corazón, mañá, mércores, ás oito da tarde.
As actividades de conmemoración do Día Internacional das Mulleres organizados pola Concellería de Muller e Benestar Social deron comezo esta mañá coa proxección do vídeo “O traballo invisible das mulleres”, elaborado en colaboración coa Consellería de Traballo.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou a primeira edición do Concurso Periodístico Muralla Aberta. Este certame está creado polo Concello coa intención de fomentar a igualdade entre homes e mulleres.
Esta convocatoria está aberta a todos os xornalistas e fotógrafos que realizaran traballos sobre a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, o papel das mulleres dentro dalgún ámbito ou sobre a loita contra a erradicación da violencia de xénero.
A Biblioteca do Centro Social de Fingoi será sede os próximos días non lectivos das actividades do programa Aula Aberta, organizada pola Concellería de Muller e Benestar Social.
Con esta aula aberta preténdese dar continuidade ás actividade programadas o ano anterior para dar resposta ás necesidades de formación e ocio alternativo durante os días nos que se suprimen as clases nos centros educativos.
Por isto, o programa está destinado a rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos e a aula estará aberta os días 2, 3, 4 e 9 de abril de nove a dúas e de catro a oito e media, o que serían
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, adscrito á Concellería de Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, vén de publicar o número dos da revista Planeta 13, realizada por mozas e mozos do Centro Social Lamas de Prado.
Nesta revista recóllense moitos dos programas de Prevención que ten en marcha este servizo, coa que tenta chegar a toda a poboación de Lugo, e na que se inclúen diversas seccións, dende artigos de opinión a xogos.
A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, abre mañá, martes, o programa de actos organizado con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres.
Trátase de actividades feitas por mulleres pero dirixidas a todo o público “para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres, que é a finalidade destas actuacións”. O programa se desenvolverá até o día 13.
O primeiro destes actos, será unha proxección no Centro Social Uxío Novoneyra, ás doce da mañá co título “O traballo invisible das mulleres”.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, asiste mañá, xoves, e o venres, a un seminario internacional co título Bancos del Tiempo: Construyendo confianza, solidaridad y comunidad, que se celebra en Barcelona.
Este seminario está organizado pola Asociación Salud y Familia e dividirase en dous eixos: os principios básicos de xustiza social e os vínculos dos bancos de tempo coa comunidade.
Este seminario contará coa presencia de docentes de renome internacional como Edgar Cahn, Martin Simon e Elvira Méndez.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias continúa mañá, venres, cunha nova proxección do ciclo Alucine, subvencionado polo Plan Nacional de Drogas. A película elexida é “Bowling for Colombine”.
Este ciclo contempla 12 proxeccións de películas de varias nacionalidades e todas elas cun recoñecido prestixio, ao estar incluídas dentro do Plan Nacional contra as drogas.
O Servizo de Animación Sociocultural da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, realizará os días 25 de abril e 9 de maio unha serie de visitas guiadas ao Museo Provincial.
Esta actividade está dirixida a toda a poboación e é gratuíta. Para participar é necesario inscribirse entre o mércores e o venres nos Centros Sociais Municipais de Lamas de Prado, Fingoi e Uxío Novoneyra.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 312
- 313
- 314
- 315
- 316
- 317
- 318
- 319
- 320
- …
- seguinte ›
- última »