O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias continúa o venres cunha nova proxección do ciclo Alucine, subvencionado polo Plan Nacional de Drogas. A película elexida é “Sempre Xonxa”.
Este ciclo contempla 12 proxeccións de películas de varias nacionalidades, que rematan o próximo venres, día 25. Todas elas teñen un recoñecido prestixio, ao estar incluídas dentro do Plan Nacional contra as drogas.
A Concelleira de Muller e Benestar, Carmen Basadre, explicou hoxe que un total de 500 persoas solicitaron xa información e recolleron os impresos necesarios para poder solicitar as axudas e subvencións propias da lei de Dependencia.
Carmen Basadre lembrou que o Concello ten aberta unha oficina informativa sobre este particular que neste tempo leva xa traballado sobre cen casos.
DATAS: 2 de xullo a 13 de xullo
HORARIO: de 10:30 ás 13:00 h.
LUGAR: Parque Infantil de Tráfico
APELIDOS E NOME |
IDADE |
AlvarezPérez, Borja |
14 |
AlvarezPérez, Diego |
16 |
CastedoPotente, Alejand |
O ciclo de Cine ao Aire Libre continúa este xoves, 9 de agosto, coa proxección da película “Mr. Deeds”. Esta actividade, que terá lugar na Praza do Castiñeiro a partir das 22:30 horas, está encadrada na programación de actividades de verán desenvolta pola Concellería de Muller e Servizos Sociais.
Esta iniciativa foi deseñada polo Servizo de Prevención de Drogodependencias coa finalidade de ofrecer durante o verán unha alternativa de ocio aos mozos lucenses e ao público en xeral.
Este é o cuarto filme deste ciclo de cinco películas que rematará o vindeiro día 23 de agosto.
A Oficina de Atención a Persoas Inmigrantes realizará dende o luns un novo curso de alfabetización informática dentro das iniciativas postas en marcha por este servizo para a integración laboral deste colectivo.
O curso terá lugar entre o 21 de maio e o 1 de xuño polas tardes, concretamente de catro e media a sete e media. Isto suporá un total de 30 horas lectivas.
O Concello de Lugo sumarase un ano máis ao programa de actividades organizado por Carrefour con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.
A actividade consistirá nunha xornada de convivencia e integración de colectivos con discapacidade co medio ambiente.
O Concello concede as axudas ao aluguer correspodentes a 2007, para as que destina un orzamento de 66.500 euros, a un total de 55 persoas. Estas subvencións de carácter anual están a cargo da Concellería de Muller e Benestar Social e son xestionadas pola Empresa Municipal do Solo, Evislusa.
A Comision de Valoración reuniuse o pasado venres para analizar as 97 solicitudes que se recibiron, das que se valoraron positivamente 55. Os principais motivos de rexeitamento foron a falta de documentación, a presentación fora de prazo e non adaptarse aos requisitos establecidos.
O Servizo Municipal de Drogodependencias é exemplar en Europa e asesora á Axencia Internacional Antidrogas.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou as “I Xornadas lucenses de Prevención de Drogopendencias: misión globalizadora”, organizadas pola Concellería de Muller e Benestar Social e que teñen lugar este xoves e venres no centro social Uxío Novoneyra.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, acompañou esta mañá no Concello de Lugo o responsable de Cultura do Concello de Foz, Jaime Cancio, na presentación das festas patronais da localidade costeira, que comezan hoxe, 2 de agosto, cun programa que se alongará todo o mes.
O interese por presentar este programa en Lugo, débese a que no verán esta vila é o lugar escollido por miles de lucenses para pasar as vacacións, por iso conta co total apoio da corporación lucense.
Cun orzamento de 200.000 euros, Foz festexará ao San Lorenzo con música, teatro, cine, pintura
O intercambio de ideas e experiencias entre os asistentes e os congresistas desta primeira xuntanza galega arredor do Alzheimer e outras Demencias, foi constante ao longo dos tres días de reunión.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 310
- 311
- 312
- 313
- 314
- 315
- 316
- 317
- 318
- …
- seguinte ›
- última »