El Ayuntamiento impulsa una intervención artística en la torre de los Bomberos a propuesta del propio Servicio

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, explicou que “o proxecto, realizado por Diego AS, forma parte dun obxectivo máis amplo: reforzar o Servizo, achegalo á cidadanía (prevención e divulgación), e recoñecer o traballo destes profesionais

Lunes, 24 de agosto de 2026
Fuente: 
Gabinete de Prensa
El Ayuntamiento impulsa una intervención artística en la torre de los Bomberos a propuesta del propio Servicio

Lugo, 24 de agosto de 2026.- O Concello de Lugo impulsa unha intervención artística na torre de prácticas do Parque de Bombeiros a proposta do propio Servizo, como parte da aposta do Goberno municipal por reforzar, visibilizar e achegar á cidadanía o traballo dos profesionais e a importancia da prevención.
Desde a chegada do novo goberno municipal, reforzar o Servizo de Bombeiros foi unha prioridade. Neste tempo, impulsouse a Oferta Pública de Emprego, coa convocatoria de 17 prazas para o servizo de bombeiros, que recibiu 196 solicitudes;  tamén se aprobou a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) para establecer o  cadro de mandos, acordada na Mesa Xeral de Negociación do pasado 29 de maio. 
Agora, o Concello quere continuar avanzando no ámbito da PREVENCIÓN E DIVULGACIÓN, para poñer en valor unha profesión da que a cidadanía non debe acordarse unicamente cando se produce unha emerxencia. Neste marco, tamén se programarán visitas de centros educativos ao Parque de Bombeiros e se porá en valor o ciclo medio de Emerxencias e Protección Civil do CIFP As Mercedes que se imparte nas instalacións do CEI Nodus, que dependen do Concello.
É neste contexto no que se formula a intervención artística da torre de prácticas, que permitirá mellorar a súa estética e convertela nun elemento máis visible e identificativo do propio Servizo.
O proxecto será realizado polo artista lucense Diego AS e abranguerá as catro caras da torre, de 32 metros de altura por cinco metros de ancho cada unha. Dúas serán pintadas na súa totalidade e as outras dúas contarán cunha intervención parcial.
A proposta parte de dous elementos directamente relacionados co traballo dos Bombeiros: o lume e a auga. Diego AS xogará cos vermellos, laranxas e amarelos para representar o lume e cos azuis e tons aguamarina para a auga. A composición contará ademais coa figura dun bombeiro ou dunha bombeira, como homenaxe aos profesionais que están detrás de cada intervención.
Para Diego AS, o proxecto supón tamén un reto persoal, xa que é a primeira vez que realiza unha intervención artística a esta altura.

No acto ademais da alcaldesa e do autor do proxecto estiveron a concelleira de Dinamización, Cristina Sanz, e o xefe de bombeiros, Juan Coto.

Noticias relacionadas