Xuventude promove un concurso en Tik Tok con plans para pasar o #nadalnacasa

Os premios do certame, tanto para quen participe de xeito individual como colectivo, serán vales de 20€ ou 60€ para un xantar ou cea en calquera dos establecementos de restauración de Lugo

Martes, 05 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude promove un concurso en Tik Tok con plans para pasar o #nadalnacasa

A Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana González Abelleira, lembrou hoxe que continúa aberto o prazo para participar no concurso aberto na rede social Tik Tok, dirixido á mocidade lucense, co fin de fomentar entre a rapazada un ocio alternativo que posibilite a diversión na casa.

“Todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos que estean interesados en apuntarse ao certame só teñen que subir o Tik Tok a esa mesma plataforma, a Instagram ou Facebook co hastag #nadalnacasa, ata o 9 de xaneiro. Poden facelo de xeito individual ou colectivo, cun máximo de tres persoas por formación. As e os menores de 18 anos precisarán unha autorización do pai, nai, titor ou titora que poden solicitar a través do enderezo xuventude@lugo.gal ou nos teléfonos 982297496 ou 982297269”, explicou a edil.

O concurso terá distintos premios baseados en vales de 20€ ou 60€ para gastar nun xantar ou cea en calquera dos establecementos de restauración de Lugo. Non se incluirán bebidas alcohólicas.

Máis info

Noticias relacionadas