Xuventude incorpora á programación de Nadal eventos con música en directo por streaming en Fin de Ano e Reis

A sesión con música en directo da man de EME DJ, Cora Novoa, Babykatze e Marcos Peon, de Fin de Ano será a partir das 00.30h e a de Reis dende as 23.00h

A concelleira da área, Ana González Abelleira, anima á mocidade lucense en participar para manter o optimismo nestas datas

Obradoiros de cociña, xogos tradicionais, Escape Room, concurso de Tik Tok, son algunhas das propostas que a área de Xuventude achega á mocidade lucense

Venres, 18 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude incorpora á programación de Nadal eventos con música en directo por streaming en Fin de Ano e Reis

A edil de Xuventude Ana Gónzalez Abelleira, presentaba esta mañá a programación de Nadal, e mostrou a súa satifación á hora de presentar os eventos por Streaming a través das RRSS do Concello de Lugo, música en directo con “dúas sesións moi especiais o 31 de decembro e o 5 de xaneiro nas que convidamos aos mozos e mozas de Lugo a sumarse dende os seus fogares aos especiais de fin de ano de reis nos que haberá música en directo, da man de EME DJ, Cora Novoa, Babykatze e Marcos Peon” concluiu Ana G. Abelleira.

Un completo programa no que, nesta ocasión, priorizará o formato virtual e se manterán as actividades presenciais que poidan realizarse en espazos abertos e coas medidas de control de aforo necesarias para cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias en materia de prevención da propagación da Covid-19 explicou a concelleira.

Actividades para amenizar as vacacións dos máis novos que inclúen “obradoiros de cociña, xogos tradicionais, Escape Room, concurso de Tik Tok, son algunhas das propostas que dende a área de Xuventude achegamos á mocidade lucense para dinamizar o Nadal” expliacaba a edil.

O pistoletazo de saída será o 21 de decembro, co inicio do consurso de Tik Tok, aberta a participación ata o 9 de xaneiro. O mércores 23 ás 12.00 h na Praza da Milagrosa e o xoves 24 ás 12.00 h. na Praza de augas Férreas terá lugar unha masterclass para mover o esqueleto ao que a concelleira anima a sumarse.

“Os dias  26, 28, 29, 30 e 31 de decembro, 2, 4, 5, 7, 8, 9 de xaneiro convidaremos á rapazada a participar na sesión de Escape Room: O Misterio de Sherlock Holmes, sendo preciso anotarse previamente na Casa da Xuventude”, explicou a concelleira que anunciou da ruta dende a Casa da Xuventude cara o Monte Penarrubia o 26 de decembro, actividade que tamén precisa de inscripcións.

Audio

  • A edil de Xuventude Ana Gónzalez Abelleira, sobre a Programación de Nadal | Descargar mp3

Noticias relacionadas