O +Xti pon en marcha un curso de piloto de drones

A actividade, que é gratuíta, desenvolverase do 27 de xullo ao 31 de agosto dirixido a lucenses de 18 a 55 anos, empadroados en Lugo

Existen 20 prazas e a inscrición debe realizarse ata este xoves, 16 de xullo ata cubrir prazas, a través do enderezo maisporti@lugo.gal 

Martes, 14 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O +Xti pon en marcha un curso de piloto de drones

O Concello de Lugo organiza, a través da área de Xuventude, un curso de piloto de drones, dentro da programación do +Xti, subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas. Está dirixido a lucenses de 18 a 55 anos, empadroados en Lugo.

Existen 20 prazas e a inscrición debe realizarse ata este xoves, 16 de xullo ata cubrir prazas, a través do enderezo maisporti@lugo.gal, facendo referencia ao curso, nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfono e data de nacemento.

A actividade, que é gratuíta, desenvolverase do 27 de xullo ao 31 de agosto, online; e de xeito presencial, no centro de convivencia Uxío Novoneyra, o 24 de xullo das 17:00 ás 20:00 horas, o 4 de setembro, das 16:30 ás 20:30 horas, o 5 de setembro, das 10:00 ás 14:00 horas, e das 16:00 ás 20:00 horas e o 6 de setembro, das 09:00 ás 14:00 horas.

Este curso súmase a outros, tamén da programación do +Xti, que manteñen o prazo de inscrición aberto, no mesmo enderezo electrónico. Trátase do curso de comunicación con éxito, emocións, creatividade e emprendemento, cuxo prazo de inscrición está aberto ata o 17 de xullo, ás 14 horas e que terá lugar no CEI-NODUS, luns, mércores e xoves, dende o 20 de xullo ao 7 de agosto en horario de 10:00 a 14:00 horas; do curso de recursos lúdicos para animación, coa inscrición aberta ata o 24 de xullo e impartíndose do 27 de xullo ao 14 de agosto, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, no centro de convivencia Uxío Novoneyra e por último, do taller de deseño e impresión 3D, coa inscrición aberta ata o 28 de xullo ás 14:00 horas. Impartirarase tamén no CEI-NODUS, do 30 de xullo ao 7 de agosto, das 10:00 ás 14:00 horas.

Noticias relacionadas