Casa dos Mosaicos

Doutor Castro, 20-22
27001 Lugo , Lugo
Teléfono/s: 
982 254 815

A Casa dos Mosaicos amosa restos, musealizados in situ, dunha domus de finais do século III ou comezos do IV. O seu principal atractivo é o mosaico da antesala e do oecus, con motivos xeométricos e figurativos.

Merece a pena observar tamén o sistema de calefacción por aire quente que se localiza baixo o perímetro dun dos comedores da vivenda, o que se coñece como hipocaustum.

A visita remata coa proxección dun audiovisual que fai unha reprodución virtual do que foi a vivenda, e incluso das orixes e o desenvolvemento da cidade de Lugo.

Entradas e visitas

  • Entrada gratuíta

Horario

a) Horario de inverno vixente do 1 de xaneiro ao 31 de maio e do 15 de outubro ao 31 de decembro (excepto Semana Santa e Nadal):

  • De martes a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 horas
  • Sábados, domingos e festivos de 10 a 14 e de 16:30 a 19:30 horas
  • Pechados os luns, excepto festivos

b) Horario de verán vixente do 1 de xuño ao 14 de outubro:

  • Todos os días de 10 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas
  • Non se pecha ningún día

c) Horario de Semana Santa (vixente desde a véspera do Domingo de Ramos):

  • Todos os días de 10 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas
  •  Non se pecha ningún día

d) Horario de Nadal (vixente desde o 20 de decembro ao 6 de xaneiro):

  • Todos os días de 10 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas
  • Pechados os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 e o 6 de xaneiro

e) Horario especial:

  • 18 de maio, Día Internacional dos Museos: horario continuado de 10 a 20 horas
  • Arde Lucus: xoves e venres de 10 a 14 e de 16 a 22 horas; sábado de 10 a 22 horas e domingo de 10 a 20 horas

 

Directorio