COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Viernes, 20 de mayo de 2022
Fuente: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Controis de velocidade

Durante o día de onte, 19 de maio, por efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo establecéronse diversos controis de velocidade, co emprego de vehículo policial dotado de cinemómetro, naquelas vías nas que se rexistran un maior número de accidentes, controlando a 552 vehículos, sendo denunciados 30 condutores por pasar a velocidade máxima establecida, sendo a velocidade máis alta captada de 88 km/hnun tramo limitado a 50 km/.

Control patinetes eléctricos por zona peonil

Na tarde de onte, indicativos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo estableceron un dispositivo especial para o control do cumprimento da normativa de tráfico sobre patinetes eléctricos nas zonas peonís do centro histórico, onde se prohibe a circulación destes vehículos, denunciado a CINCO condutores por circular por zona peonil e a outro condutor por ir ocupado por dúas persoas.

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

Ás 20:00 horas do día 19 de maio un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase ao Paseo ÁlvaroCunqueiro xa que se produciu un accidente de circulación no que un vehículo invadira parcialmente o carril contrario chocando contra outro vehículo que circulaba correctamente, observando que o condutor infractor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,74 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Controis de alcoholemia (Delitos contra a seguridade viaria)

Durante a madrugada do día 20 de maio, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diferentes controis de alcoholemia e drogas, utilizando vehículos policiais rotuladose camuflados, detectando ás 1:50 horas a condución irregular dun vehículo pola rúa Angel López Pérez, observando que o seu condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,71 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Ás 5:20 horas detéctase a condución dun vehículo pola rúa Mariña Española sen ningún tipo de iluminación, observando que o seu condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,88 mg/

Noticias relacionadas