A área de Cultura acompaña os paseos pola Muralla con música en directo

Baixo o nome Muralleando Sen Parar, a veciñanza de Lugo poderá desfrutar da música dos grupos locais as fins de semana entre as 20:30 e as 22 horas

Os grupos estarán dispostos por distintos puntos dos xardíns da Ronda da Muralla

Martes, 02 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura acompaña os paseos pola Muralla con música en directo

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua poñerá en marcha a iniciativa musical Muralleando Sen Parar, que aportará un fío musical ao redor da Ronda da Muralla con 36 formacións musicais lucenses de todos os estilos. Segundo declarou a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, “trátase dunha aposta polo tecido cultural local, polo son e pola música de Lugo, representado nos distintos estilos musicais”.

Maite Ferreiro destacou esta iniciativa como “o que a peonalización da Ronda da Muralla pode ofertar ás veciñas e veciños de Lugo”. “Os grupos musicais estarán dispostos en diversos puntos dos xardíns da Ronda da muralla, de maneira que unha volta á muralla se convertirá tamén nunha viaxe musical”, afirmou Maite Ferreiro.

Muralleando Sen Parar  comezará este venres, 5 de xuño, cos grupos Patuk Band, Man de Santo e Pingarela actuando na zona entre San Fernando e o edificio administrativo da Xunta de Galiza, na Mosqueira e en Porta Miñá respectivamente. O sábado 6, Cavianca animará Bispo Aguirre, Lacón con Grelos Blues Band situarase na rúa Nova e The Old Project animará a rúa do Teatro. A primeira fin de semana de Muralleando Sen Parar rematará o domingo 7 con Funkombo actuando na zona entre San Fernando e o edificio administrativo da Xunta de Galiza, Muddy Doll na Mosqueira e Ship of Fools en Porta Miñá.

Maite Ferreiro animou á veciñanza a “utilizar o novo paseo peonil da Ronda da Muralla e a propia Muralla como zona de paseo e asistir ao mesmo tempo a esta nova maneira de desfrutar e descubrir a cultura de Lugo”.

Noticias relacionadas