Firmado el contrato de las obras de rehabilitación del pavimento en Santo Grial

As tarefas, cun orzamento de preto de 165.000 euros, consisten en mellorar o firme; pois atópase cun estado superficial inadecuado con múltiples zonas de grietas e pavimento cuarteado. O prazo de execución é 6 meses

Domingo, 12 de mayo de 2019
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo vén de asinar o contrato das obras de rehabilitación de firme na rúa Santo Graal, na Piringalla, adxudicado a Francisco Gómez y Cia, SL. As tarefas, cun orzamento de preto de 165.000 euros, consisten en mellorar o firme; pois atópase cun estado superficial inadecuado con múltiples zonas de grietas e pavimento cuarteado. O prazo de execución dos traballos é 6 meses.

Con esta nova intervención de mellora, o Concello continúa apostando por mellorar as dotacións nos distintos barrios de Lugo, e por garantirlle aos veciños e veciñas servizos públicos de calidade, que faciliten o seu día a día.

Noticias relacionadas