El Ayuntamiento mejora el área infantil de Ronda Xosé Castiñeira

Lugo, 15 de xullo de 2026.- A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a área infantil de Xosé Castiñeira, fronte ao Conservatorio, unha vez rematados os traballos de renovación deste espazo de lecer, nos que o Concello investiu 48.382,82 euros.

Miércoles, 15 de julio de 2026
Fuente: 
Gabinete de Prensa
O Concello mellora a área infantil da Ronda Xosé Castiñeira

A actuación permitiu recuperar unha zona que presentaba un importante deterioro e que volve estar en condicións óptimas para o uso das familias. Esta zona de xogos (de 18,21 metros x 12,10 metros) era a única do casco urbano con area no chan. Os traballos contratados consistiron nun novo pavimento continuo de caucho de cores, a colocación dunha valla metálica perimetral para reforzar a seguridade e a renovación dos tres elementos de xogo.

"Hai moitas actuacións que melloran de maneira inmediata a calidade de vida da veciñanza e non poden seguir esperando. O noso compromiso é reparar, conservar e coidar o que xa temos ", sinalou a alcaldesa.

"A boa xestión tamén consiste en atender o día a día. Mentres avanzamos nos grandes proxectos de cidade, non imos deixar de lado esas intervencións que a veciñanza leva tempo reclamando e que contribúen a facer barrios máis coidados, máis seguros e con mellores servizos".

A alcaldesa incidiu en que o obxectivo do Executivo é combinar este tipo de intervencións con outras máis globais lembrando que se está a traballar, entre outras cousas, en impulsar o plan de mellora do Parque de Frigsa, cun investimento de 300.000 euros dentro do proxecto Novo Norte.

Noticias relacionadas